O guiso este fíxeno cunha zanca, anque se se fai co cuarto dianteiro (con ala, pescozo, etc.) tamén está moi bo, anque a peituga é algo seca. E vai guiso estilo miña mai, con prebe, non seco.
INGREDIENTES
- Unha zanca de pito
- 2 patacas medianas
- Unha ou 2 cenorias
- Un tomate carnoso (tomate pera, por exemplo)
- Unha Cebola
- Allo (2 dentes chegan)
- Guisantes (ó gusto, e poden ser frescos, conxelados, ou de bote)
- Aceite, sal, viño, pementa...

TEMPO
50 minutos (mirando o tempo entre as fotos)PROCESO
Para preparar todo xunto: troceamos o pito (a macheta que se ve na foto anterior funcionou de medo!), e salpimentámolo.
Pelamos e picamos as patacas, a cenoria e a cebola. Pelamos e laminamos o allo, e picamos o tomate (hai quen o pela, eu non o fixen).
Que foto máis cojonuda queda con todo arreglado :)
Poñemos a dourar os allos nun pouco de aceite. Para estas couas unha pota de aceiro funciona moi ben.
Despois imos botando a cebola e a cenoria para pochar. Deixamos fritir un pouco directamente, e logo botamos un pouco de sal, a lume medio.
Logo, botamos o pito.
Dourámolo un pouco-bastante. Botamos un bo chorro de viño branco (tinto tamén vale, o que pasa é que queda todo de color máis oscuro) e deixamos que levante unha fervedura para que evapore o alcol.
Botamos os guisantes e as patacas picadas.
Deixamos que coza así un pouco (un par de minutos) e amecemos auga ata que cubra as patacas.
Poñemos o lume a tope ata que levante unha fervedura, e logo a lume medio-alto (digamos que na miña cociña estaba no 4 de 6) deixamos que coza todo, tapado.
Tras 20 minutos, xa está. Este é o aspecto na pota.
E este o aspecto no prato. Estaba moi bo. Con dicir que ía asalo, pero a temperatura do día fíxome cambiar de opinión para ter algo con líquido quente... Claro que o pito era dos criados na casa, e iso axuda moooooooooito :)
Bon apetit. Probádeo, é unha forma diferente pero moi boa!
pois sí,parece ben apetitoso nun dia frio como o de hoxe,,eu ademais poñolle pementos vermellos e verdes cando a cebola...tamen me gusta mais a zanca ou a pechuga..pero tes razon..con polo de verdá esta moitisimo mais rico... .....
ResponderEliminarEspero con ansia a receta do menu de noiteboa, que seica che toca cociñar(dixo Oscar)..
Un saudo.
A sopa de pescado/marisco fágoa eu normalmente, si. Xa fixen unha este venres, pero co apuro non saquei ningunha foto.
ResponderEliminarE ameixas á mariñeira para fin de ano, moi probables tamén.
Se me acordo das fotos, subirei algunha delas, claro!