Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2014

Bolos preñados

  Bolos preñados: bolos de pan con chourizo dentro. Poden facerse grandes, cun chourizo enteiro, ou pequeniños (tipo tapas dos bares) con zorza ou cachos de chourizo. Se é dos estoupós, algo verde, mellor, que a masa queda máis xugosa. Tamén se poden facer de outras cousas aparte de chourizo, anque os clásicos son os de chourizo. A min sobroume un pouco de masa, e tiña algo de bonito en conserva (natural) que me regalaron, e serviu para o caso. INGREDIENTES Fariña (usei 2 vasos de 25cc, non a pesei) Sal (unha pizca, non pesei tampouco)  Levadura de panadería (usei 25 g, un paquete da que comprei no Eroski) Chourizos estoupós (1 e medio) TEMPO 5 minutos amasar, unha media hora para levedar a masa mentras se pica o chourizo. Para cociñalos depende: se os frites uns 5-10 minutos, se os fas ó forno uns 30-40 minutos. PROCESO Empezamos por amasar, coma nas outras recetas que teño no blog: mezclamos a levadura con auga (medio vaso ou así), e logo c...

Boqueróns en vinagre

Boqueróns, ou bocartes, ou como lle queiras chamar. Bichos do mar que despois de ser curados en salmoira lles chamamos anchoas. Tíñaos amañados en escabeche (versión "ó meu xeito" do escabeche) pero así están mellor. Fíxenas seguindo varias recetas que atopei en internet, e que non coincidían entre si, pero quedaron boas. INGREDIENTES 1/2 Kg. de boquerón fresco. Sal, aceite, vinagre, allo e perexil.   TEMPO O tempo pode varíar bastante no que se tarden en limpar, e o que a xente di que os deixa en vinagre. De todas formas, como é para consumir mellor ó día seguinte ou ós 2 días, digamos... media hora de traballo, unha de repouso, 5 máis de traballo, e espera ó día seguinte para probalo. PROCESO Primeiro hai que limpar os boqueróns. Non é complicado, pero é laborioso e leva tempo, porque en medio quilo hai moitos peixes. Para limpalos, arráncaselle a cabeza e sae xa con algo de tripa. Logo, pasamos o dedo (os que teñades uña, a uña :)) pola p...

Flan de ovo

Collemos o sobre do flanín e ... naaaaaaaah :) Flan de ovo caseiro! Tendo en conta o "ben" que nos levamos a respostería e mais eu, isto foi un gran paso... incluso fixen o caramelo. Iso si, quedou floxo e case non se ve. INGREDIENTES 8 ovos 1/2 litro de leite Azúcar: 8 cucharadas sopeiras rasas para o flan, unhas catro para o caramelo. Unhas gotas de limón para o caramelo TEMPO Uns 5 minutos para a preparación, incluído o caramelo. Unha hora aprox. de forno. Esperar que enfríe... eu esperei 3 horas (fun tomar unhas birras, non me quedei de paspán mirando!) PROCESO Empezamos polo caramelo. Ollo que queima moito, e pégase, así que hai que andar con moito xeito e botar fóra da cociña os pequerechos se os hai :) Pon ó lume unha tixela completamente baleira e seca, e bota unhas 4 cucharadas de azúcar. Podes botarlle (realmente é opcional) unhas gotas de auga ou de zumo de limón. Din que fai o caramelo máis líquido e que non se pegue tanto, pero...