Saltar ao contido principal

Flan de ovo


Collemos o sobre do flanín e ... naaaaaaaah :)
Flan de ovo caseiro! Tendo en conta o "ben" que nos levamos a respostería e mais eu, isto foi un gran paso... incluso fixen o caramelo. Iso si, quedou floxo e case non se ve.

INGREDIENTES

  • 8 ovos
  • 1/2 litro de leite
  • Azúcar: 8 cucharadas sopeiras rasas para o flan, unhas catro para o caramelo.
  • Unhas gotas de limón para o caramelo

TEMPO

Uns 5 minutos para a preparación, incluído o caramelo.
Unha hora aprox. de forno.
Esperar que enfríe... eu esperei 3 horas (fun tomar unhas birras, non me quedei de paspán mirando!)

PROCESO

Empezamos polo caramelo. Ollo que queima moito, e pégase, así que hai que andar con moito xeito e botar fóra da cociña os pequerechos se os hai :)

Pon ó lume unha tixela completamente baleira e seca, e bota unhas 4 cucharadas de azúcar. Podes botarlle (realmente é opcional) unhas gotas de auga ou de zumo de limón. Din que fai o caramelo máis líquido e que non se pegue tanto, pero a min quedoume medio mal e cando desmoldei nin vin o caramelo. 

Quizás foi porque lle botei demasiadas gotas de limón. Mira para as fotos, e bota menos. Ou non botes.

Eu tiña o lume a medio/alto (7 de 10 creo recordar). Non revolvas o azúcar con nada. Se queres podes mover a tixela en círculos, pero sen tocar o azúcar con nada. Ó pouco empezará a facer burbullas.

Dalí a un pouco (un minuto ou así, pero depende do lume) empezará a cambiar de cor.
Eu apartei a tixela do lume con esa cor, e botei o caramelo no fondo dunha pota que iba usar como flaneira. Non teño flaneira porque como dicía, eu e a repostería e a repostería e eu non facemos demasiadas boas migas.

Pois así foi como quedou o fondo da pota. Se o fas, deixa que o caramelo se queime máis, que colla unha cor negruzca. Pero sen pasarse, que se non amarga en vez de endulzar. E quizás podes botarlle máis cantidade de azúcar, depende do que che guste.


Para o que é o flan, a proporción que a min me deron foi de unha cucharada sopeira RASA de azúcar por cada ovo. Se che gusta máis dulce, pois que non sexa "tan rasa". 

Cascamos os 8 ovos.

Botamos as 8 cucharadas de azúcar, e batemos. As varillas son moi boa cousa para estes tinglados.

Engadimos medio litro de leite.

Batemos de novo ata que quede unha crema homoxénea.


Metemos a "flaneira" no forno. Non sei se se aprecia na foto, pero aparte da merda que ten a bandexa, ten como un dedo de auga. É dicir, que o flan faise ó forno ó "baño maría".

A temperatura, según me dixo o amigo Antonio que me deu a receta, é "algo menos que para facer pan", que ven sendo uns 200ºC. Así que puxen a roda da temperatura un chisco menos deses 200. 


E deixamos o flan no forno durante uns 50 minutos ou unha hora. Podes ir mirando se colle consistencia (atanegando un pouco a pota, en algún momento para de moverse a crema). 

Se ves que se queima por encima (mira a seguinte foto) podes poñerlle un pedazo de papel de aluminio por encima.

E saberás que o flan está feito se metes un coitelo e sae limpo, sen que se pegue nada na folla.

Algo así como nesta foto.

Deixa que atempere durante media hora ou así, e logo méteo na nevera.

Cando xa estea frío, podes desmoldar. Pon un plato encima da pota, e dalle a volta. Debería despegarse. Eu paseille un coitelo polas beiras antes, pero creo que non facía falta.

O resultado final foi o que se ve nas fotos. Unha de planta e outra de alzado, hala!

Como se ve tamén (máis ben "non se ve") non hai rastro do caramelo, salvo algo líquido que escorre. Para a próxima teño que facelo mellor.

Opinións, entre a sobriña pequena, que non o quixo probar, e miña mai, que dixo "cando veñas pra semana que ven podes facer outro", haberá de todo, pero non quedou nada. 

Eu probeino e tamén me gustou. O meu primeiro postre medio decente!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...