Saltar ao contido principal

Boqueróns en vinagre


Boqueróns, ou bocartes, ou como lle queiras chamar. Bichos do mar que despois de ser curados en salmoira lles chamamos anchoas. Tíñaos amañados en escabeche (versión "ó meu xeito" do escabeche) pero así están mellor. Fíxenas seguindo varias recetas que atopei en internet, e que non coincidían entre si, pero quedaron boas.

INGREDIENTES

  • 1/2 Kg. de boquerón fresco.
  • Sal, aceite, vinagre, allo e perexil.

 

TEMPO

O tempo pode varíar bastante no que se tarden en limpar, e o que a xente di que os deixa en vinagre. De todas formas, como é para consumir mellor ó día seguinte ou ós 2 días, digamos... media hora de traballo, unha de repouso, 5 máis de traballo, e espera ó día seguinte para probalo.

PROCESO

Primeiro hai que limpar os boqueróns. Non é complicado, pero é laborioso e leva tempo, porque en medio quilo hai moitos peixes.

Para limpalos, arráncaselle a cabeza e sae xa con algo de tripa. Logo, pasamos o dedo (os que teñades uña, a uña :)) pola panza ata a espiña, e pasándoo polos lados da espiña separámola da carne. Sale fácil. Se rompe o peixe, ou non se separa ben, mal asunto. Os boqueróns non están frescos.

Aquí tedes un detalliño de como queda. Hai quen lle deixa o rabo na punta, e hai quen o separa de todo en 2 lomos e saca unha pequena espiña que hai no lombo. Eu deixeinos como na foto uns, e outros separados os lomos. Cousas de ver a tele, tomar unha cerveza e limpar os boqueróns ó mesmo tempo.


Unha vez limpos de cabeza, tripa e espiña, hai que lavalos. Méteos nunha ensaladeira ou algo así con auga fría, revolve algo, tira a auga e repite o proceso. Mira nestas fotos como queda a auga coa basuriña que deixan.



Logo, escurre os boqueróns (podes usar un papel para secalos), e ponos nun recipiente. Bótalles algo de sal, e cubre con vinagre.


En canto ó vinagre, tamén hai variantes, en canto ós ingredientes e ó tempo. O que máis me axudou foi a idea de "cando estean blancos". Hai quen di que hai que telos en vinagre puro media hora. Hai quen di que 80% vinagre e 20% auga e telos 10 horas. Eu o que fixen foi poñelos en vinagre puro 1 hora (que foi cando vin que blanqueaban). Se che gusta que pique algo ó vinagre déixaos un pouco máis, porque estes quedaron suaves. Pero eso xa é idea de cada un.

Pasado o tempo (no meu caso 1 h), escúrrense e bótanse (dicen que coa piel pa abaixo) e cúbrense de aceite de oliva e allo, e perexil. Eu non tiña do natural e botei do de bote.



Despois métense na nevera un día ou así. Eu pa probalos esperei 12h ou así, e estaban bos. Suaves, con pouco toque de vinagre, pero bos.

E pa foto final, suxerencia de presentación con tostada e todo! :)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...