Saltar ao contido principal

Bolos preñados

 
Bolos preñados: bolos de pan con chourizo dentro. Poden facerse grandes, cun chourizo enteiro, ou pequeniños (tipo tapas dos bares) con zorza ou cachos de chourizo. Se é dos estoupós, algo verde, mellor, que a masa queda máis xugosa.

Tamén se poden facer de outras cousas aparte de chourizo, anque os clásicos son os de chourizo. A min sobroume un pouco de masa, e tiña algo de bonito en conserva (natural) que me regalaron, e serviu para o caso.

INGREDIENTES

  • Fariña (usei 2 vasos de 25cc, non a pesei)
  • Sal (unha pizca, non pesei tampouco) 
  • Levadura de panadería (usei 25 g, un paquete da que comprei no Eroski)
  • Chourizos estoupós (1 e medio)

TEMPO

5 minutos amasar, unha media hora para levedar a masa mentras se pica o chourizo. Para cociñalos depende: se os frites uns 5-10 minutos, se os fas ó forno uns 30-40 minutos.

PROCESO

Empezamos por amasar, coma nas outras recetas que teño no blog: mezclamos a levadura con auga (medio vaso ou así), e logo coa masa. Imos revolvendo e vendo se necesitamos algo máis de auga. Amasar 5 minutos polo menos deixa a masa máis esponxosa.
 

Despois deixamos repousar, tapada, media hora ou así. Eu aproveitei para picar os chourizos. Vemos que aumentou o tamaño. Anque na foto parece igual de grande que o anterior, fixádevos no tamaño do cacharro azul, que é o mesmo nas 2 fotos. Non encolleu, saquei a foto co teléfono algo máis separado :)


Logo imos collendo cachos de masa, aplastámoslos, poñemos un pouco de chourizo e envolvemos e facemos unha bola para ter os boliños.


A min sobroume masa/faltoume chourizo, escolle a que queiras. O remedio foi coller un pouco de bonito que tiña na neveira, para facer o que me quedaba de bolos (que deu para 2, un grande, retorto e aplanado).


A miña idea era probar os bolos de 2 formas: fritos en aceite, ou ó forno.
Para os fritos fixen os bolos un pouco máis pequenos.

 

Pos un cazo ou similar con aceite suficiente para que cubra os bolos (eu uso un fervedor de leite vello porque é máis estreito e así boto menos aceite). Cando estea quente o aceite pos os bolos, e frítelos ata que estean dourados. Podes ir dándolles volta de vez en cando (estarán flotando no aceite).


Cando estean dourados, sácaos a un papel absorvente.

 

Este é o aspecto dos boliños por dentro.


Os demáis púxenos nunha placa para ir ó forno, pero non puxen o forno porque non eran horas (cousas de empezar estes tinglados a medianoite), así que os deixei no forno apagado ata o día seguinte ás 2 ou así.


Como se pode ver, nesas 14 horas seguiu levedando algo a masa, e fíxose algo máis grande algún dos bolos.


Media hora (igual pasaba uns minutos) a 200ºC, e retireinos do forno con este aspecto.

Como vin que fan especialistas coas empanadas, collín unha brocha e unteinos con aceite según os saquei do forno. Igual me pasei de aceite, igual non lles facía falta ... pero eu creo que un pouco si que lles ven ben.

Ah, o espatelado da dereita é o grande de bonito :)


E logo saqueinos para un plato, e fomos comendo. Miña sobriña di que lle gustan máis os do forno que os fritos. E serán algo máis sanos, digo eu ... a min gustáronme todos!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...