Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Tajine de coello con verduras

O tajine, ou tagine (pronunciado "tayín") é un recipiente para cociñar típico de Marruecos e zonas cercanas. Como pasa coa paella, ó final o nome do plato é o mesmo que o nome do cacharro, así que hai moitos "tajine de ...".  Este é de coello, ou conexo como dicimos na miña casa.  O tajine úsase para coccións lentas. Cando se tapa, a min dame a impresión que o resultado que produce é unha mezcla de forno normal e forno de vapor. A comida queda normalmente blanda, ben feita, pero mantense jugosa. INGREDIENTES Un coello Unha cebola 3 zanahorias un pimento 2 dentes de allo medio calabacín  unha pataca medio limón (non está na foto dos ingredientes) especias: Aquí hai un cento de variantes. Eu usei sal, jengibre en polvo, pimenta blanca, "Ras el hanout", semillas de mostaza(que tampouco están na foto)   TEMPO  2 horas ou máis PROCESO Troceamos o coello, que imos marinar nas especias. Logo, preparamos as especias. Aquí...

Guiso de mellixóns con brócoli e patacas

Unha maneira distinta de comer mexillóns, que non sexa con patacas fritas como os belgas, pero tampouco ó vapor (que están moi bos, pero fai falta un quintal deles para cenar algo). Ademais, "os meus amigos do brócoli" igual entran ó trapo ... ou non.  En fin, aquí queda, manchei potas de máis, pero creo que valeu a pena. INGREDIENTES Para unhas 4-6 racións, depende dos comensais. O pemento e a salsa de tomate son opcionais, pero quedan moi ben (foron ideas a posteriori, así que non van na foto) 2 Kg de mexillóns Un brócoli de 1/2 Kg ou así (a ollo) Un par de patacas 2 dentes de allo media cebola Pemento verde ou colorado 3 ou 4 cucharadas de salsa de tomate.     TEMPO  Uns 45 minutos aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar e picar as patacas, e picar o brócoli. Por certo, que o toco pelado tamén sirve, e ten un sabor máis suave que os "arbolitos". Cocémolos (en auga ou ó vapor, como se queira) pero de forma que quede...

Sardiñas en tomate

Sardiñas en tomate... aquí ven unha receta sinxela, rápida e que polo menos a min gustoume (pero iso non di nada, porque a min gústame case todo...). O outro día probei vez facéndoa con parrochiñas e está igual de ben. Incluso pode reducirse un pelín o tempo de cocción. Aparte do rápido da receta, ten unha boa ventaxa tratándose de sardiñas: non dan practicamente nada de olor. Así que puiden facelas no piso sen problema. INGREDIENTES Sardiñas (4 no meu caso) Un bote de salsa de tomate (se é caseira, mellor que mellor) 2 dentes de allo  Media cebola  TEMPO Indo despacio, entre 15 e 20 minutos. Co repouso final pode variar algo, pero é unha comida rápida (que non "fast food"!). PROCESO Laminamos os allos e poñémolos a dourar nunha tixela. Xa podemos ir picando (menudiña) a cebola. Cando estean dourados os allos, botamos a cebola, un pouco de sal, e baixamos o lume (para que "sude" e quede pochada e non dourada). Cando a cebo...