Saltar ao contido principal

Sardiñas en tomate




Sardiñas en tomate... aquí ven unha receta sinxela, rápida e que polo menos a min gustoume (pero iso non di nada, porque a min gústame case todo...). O outro día probei vez facéndoa con parrochiñas e está igual de ben. Incluso pode reducirse un pelín o tempo de cocción.

Aparte do rápido da receta, ten unha boa ventaxa tratándose de sardiñas: non dan practicamente nada de olor. Así que puiden facelas no piso sen problema.

INGREDIENTES

  • Sardiñas (4 no meu caso)
  • Un bote de salsa de tomate (se é caseira, mellor que mellor)
  • 2 dentes de allo 
  • Media cebola 

TEMPO

Indo despacio, entre 15 e 20 minutos. Co repouso final pode variar algo, pero é unha comida rápida (que non "fast food"!).

PROCESO

Laminamos os allos e poñémolos a dourar nunha tixela. Xa podemos ir picando (menudiña) a cebola.


Cando estean dourados os allos, botamos a cebola, un pouco de sal, e baixamos o lume (para que "sude" e quede pochada e non dourada).


Cando a cebola estea pochada (aí vai ó gusto), botamos a salsa de tomate. Subimos algo o lume ata que empece a globear.



Engadimos as sardiñas. Por certo, eu non lavo nin abro as sardiñas, van con tripa. Como moito paso un papel de cociña para sacar escamas soltas. Tampouco lles puxen sal, que a salsa de tomate xa leva, e a cebola tamén. Non fai falta que a salsa de tomate cubra as sardiñas. Eu boteilles algo por encima coa cuchara, pero non creo que fixera falta.


Témolas a lume medio uns cinco minutos (que o tomate fafa algo de "chup chup", pero que non ferva). Tapamos e deixamos que repouse outros cinco minutos. En serio: cinco minutos cociñando, non máis. E outros cinco repousando. E quedan perfectamente feitas.

E xa está. Emplatamos ou comemos na tixela, a gusto do consumidor.


Pode facerse algunha guarnición tipo arroz blanco, patacas cocidas, etc., pero eu decidín usar pan de guarnición ;-)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...