Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Salsa blanca para kebab

Esta salsa ten demasiados nomes. Salsa de iogur, salsa de allo, salsa de döner, kebab, shawarma, gyro, ... Tamén ten dúas ou tres variantes... por cada 100 persoas. Eu poño aquí unha que a min me gustou.  INGREDIENTES 1 iogur natural, pode ser grego (eu usei o normal). 1 cullerada sopeira de mahonesa. allo: 2 ou 3 dentes, ou unha cullerada de allo en polvo. 1 cullerada de postre de comino. 1/2 cullerada de postre de sal. 1/2 cullerada de postre de eneldo . limón (algo de piel relada e e unha cullerada sopeira de zume).  As variantes que atopei todas inclúen iogur, mahonesa e allo. Moitas delas (non todas) o limón. A min gústame bastante o comino (quizás para un iogur a cullerada de postre completa é demasiado) e o eneldo (o sabor é suave e nótase pouco), así que tamén foron. Outras incluso lle poñen pepino ou pepinillos picados finos, pero eu non os usei esta vez.  TEMPO DE PREPARACIÓN Cinco minutos aproximadamente. PROCESO Mezclamos o iogur e a mahonesa, o comino, sal e...

Salsa tártara (ou non) de iogur

A salsa tártara ten a súa base na mahonesa, así que esta receta non é exactamente de salsa tártara. Eu cambiei a mahonesa por iogur. Por que a cambiei? Porque non me gusta abusar da mahonesa e porque tería un tempo de conservación moi limitado. Se é caseira, non moito máis dun día. Esta versión con iogur pode estar na neveira 3 ou 4 días sen problema. Polo mesmo motivo eu non uso ovo cocido. Igual me tomei algunha outra licencia tamén, pero o resultado é agradable, chamémoslle como lle chamemos. Din que se pode usar para acompañar carnes ou pescados á plancha, entre outras cousas. Eu ata probei a utilizala como aliño de ensalada, e non queda mal. Iso si, para ser aliño que vaia pouco cargada de pepinillos e alcaparras (para que quede algo máis líquida). INGREDIENTES 1 iogur natural unha chullerada de postre de mostaza unha cullerada sopeira de alcaparras unha cullerada sopeira de pepinillos en vinagre un cuarto de ceboleta (eu non tiña, usei cebola)   Outra xente (aparte de usar ma...

Tortitas ("pancakes")

Toca modo Yankee. Se non, que non me preguntara meu irmau como se fan estas centellas. Eu mirei nun par de vídeos e fixen unha mezcla de recetas. INGREDIENTES Esto deu para 3 tortiñas, máis que de sobra para unha persoa. 1 ovo 1 cucharada de azúcar (eu usei 2 sobres) 1 pizca de sal 2 cucharadas de aceite 1/2 vaso leite 1 vaso fariña 1/2 sobre royal (dicen que) un pouco de esencia de vainilla. Eu non tiña, así que non leva. TEMPO Uns 20 minutos mais ou menos PROCESO Mezclamos todos os ingredientes no vaso da batidora, ou nunha pota, ou onde queiras. Batemos. A consistencia ten que quedar máis gorda que a masa das filloas. Algo como grumoso, para que non se aplaste de todo. Eu tuven que botar unha cucharada máis de fariña. Poñemos unha tixela ó lume medio-alto, eu puxen en 5/6 da miña vitro. Non poñemos nada de grasa, aceite, margarina, nin nada de nada. A tixela ten que ser antiadherente.  Botamos un garfelado do "engrudo". Como se ...

Lasaña de calabacín, xamón e queixo

Como me sobrou algún calabacín da receta de calabacíns recheos picantes aproveitei para facer outra receta. Esta é rápida, e da pouco traballo. INGREDIENTES 1 calabacín xamón cocido queixo tipo sandwich queixo relado  TEMPO Media hora ou 40 minutos máis ou menos. PROCESO Cortamos o calabacín en láminas delgadas. Se cortas en diagonal consigues "placas" máis grandes para a "lasaña". Nunha fonte para o forno pon e extendemos un pouquiño de aceite, menos dunha cucharada. Logo, montamos as capas: calabacín, xamón cocido, queixo sandwich, calabacín, xamón codido, queixo sandwich, e repetir. Eu acabo sempre cunha de calabacín.   Por encima, queixo relado. Métese no forno a 200ºC unha media hora. Eu non o prequentei, se o fixera igual con 15-20 minutos chegaba. Tamén depende de se che gusta o calabacín máis ou menos feito, porque o que é o queixo e o xamón cocidos xa se comen fríos ;-). E así quedou cando saíu ...

Calabacíns recheos picantes

Receta particular de calabacíns recheos. O recheo podía ser de calquera cousa, eu fíxeno de carne. A cantidade dos ingredientes que poño aquí para o recheo son moitísimos máis que os que usei para encher os 3 cachos de calabacín que usei, porque quería ter recheo de máis para outras cousas (empanada, ou xa veremos), pero poño a cantidade para manter as proporcións e para que coincida algo coas fotos. Os calabacíns non deben ser demasiado grandes, porque se non a pel pode estar demasiado dura, e a idea é comer logo todo. Como a min me gusta o picante, e tiña unha lata de chiles jalapeños aberta, pois botei algún polo medio (algúnha roda de chile e algún cacho de zanahoria que viña na lata, que case pica máis que os chiles porque absorveu). INGREDIENTES Calabacíns (eu usei un e medio, non moi grandes) Carne picada (250g), vale de cocho, xato, pito, mezclada... 1 cebola mediana 2 dentes de allo 3 champiñóns Queixo relado  Jalapeños (se queres que piquen) Sal e pem...