Saltar ao contido principal

Salsa tártara (ou non) de iogur





A salsa tártara ten a súa base na mahonesa, así que esta receta non é exactamente de salsa tártara. Eu cambiei a mahonesa por iogur.

Por que a cambiei? Porque non me gusta abusar da mahonesa e porque tería un tempo de conservación moi limitado. Se é caseira, non moito máis dun día. Esta versión con iogur pode estar na neveira 3 ou 4 días sen problema. Polo mesmo motivo eu non uso ovo cocido. Igual me tomei algunha outra licencia tamén, pero o resultado é agradable, chamémoslle como lle chamemos.

Din que se pode usar para acompañar carnes ou pescados á plancha, entre outras cousas. Eu ata probei a utilizala como aliño de ensalada, e non queda mal. Iso si, para ser aliño que vaia pouco cargada de pepinillos e alcaparras (para que quede algo máis líquida).

INGREDIENTES

  • 1 iogur natural
  • unha chullerada de postre de mostaza
  • unha cullerada sopeira de alcaparras
  • unha cullerada sopeira de pepinillos en vinagre
  • un cuarto de ceboleta (eu non tiña, usei cebola)

 

Outra xente (aparte de usar mahonesa e non iogur, claro) utiliza medio ovo cocido e/ou un pouco de perexil fresco.

TEMPO DE PREPARACIÓN

Cinco minutos ou menos.

PROCESO

Picamos finamente os ingredientes sólidos (ceboleta, pepinillos e alcaparras) e mezclamos cos demais.


A foto finish é un pouco mariconada, pero a foto do bol era un pouco cutre de máis.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Ensalada de cochayuyo

Outro invento, de orixe chileno. O cochayuyo ( Durvillaea antárctica ) é unha alga do pacífico que parece ser que se come habitualmente en Chile (aínda que eu non o vin en ningunha carta de restaurantes). Véndese nunha especie de mollos deshidratados que pesan moi pouco (cento e pico gramos) que hai que hidratar e cocer, e úsase habitualmente en ensaladas, ceviches e  cazuelas , entre outras recetas.  Ten moi pouco sabor (sobre todo se o coces sin sal) e unha textura medio xelatinosa e algo similar á punta da orella de cocho cocida, algo triscante (depende do que o cozas, claro). O máis difícil da receta igual foi conseguir o cochayuyo. Eu aproveitei unha viaxe a Chile ☺. INGREDIENTES Cochayuyo, claro. Eu usei como un cuarto do paquete seco, que deben ser 40 ou 50g aprox (na foto xa está hidratado, e usei a metade do que se ve). Cebola, pode ser colorada ou branca, eu usei media ceboleta escasa 1 tomate Medio pemento colorado e medio verde 1 Zanahoria Unhas follas de cilantro ...