Esta salsa ten demasiados nomes. Salsa de iogur, salsa de allo, salsa de döner, kebab, shawarma, gyro, ... Tamén ten dúas ou tres variantes... por cada 100 persoas.
Eu poño aquí unha que a min me gustou.
INGREDIENTES
- 1 iogur natural, pode ser grego (eu usei o normal).
- 1 cullerada sopeira de mahonesa.
- allo: 2 ou 3 dentes, ou unha cullerada de allo en polvo.
- 1 cullerada de postre de comino.
- 1/2 cullerada de postre de sal.
- 1/2 cullerada de postre de eneldo .
- limón (algo de piel relada e e unha cullerada sopeira de zume).
As variantes que atopei todas inclúen iogur, mahonesa e allo.
Moitas delas (non todas) o limón.
A min gústame bastante o comino (quizás para un iogur a cullerada de postre completa é demasiado) e o eneldo (o sabor é suave e nótase pouco), así que tamén foron.
Outras incluso lle poñen pepino ou pepinillos picados finos, pero eu non os usei esta vez.
TEMPO DE PREPARACIÓN
Cinco minutos aproximadamente.
PROCESO
Mezclamos o iogur e a mahonesa, o comino, sal e eneldo.
Se usas allo seco en polvo, vai directo. Se é allo fresco, hai que picalo moi fino (eu usei unha prensa de allos).
Raspa un pouco da casca do limón, bota un pouco de zume (como unha cullerada sopeira) e revolve. Lista!
E xa que fixera a salsa, pois fixen algo para usala. Non foi un kebab, foi máis ben un durum. A masa compreina. Salteei algo de cebola, pemento e peituga de polo, engadín un pouco de perexil picado, leituga, e a salsa. E quedou tal que así.
Na miña opinión, para repetir :-)
Comentarios
Publicar un comentario