Vin unha receta por internet (era de atún), e a verdade é que é rápida, e queda moi ben tamén con bonito. Incluso se pode deixar preparada a parte do encebolado e rematar a parte do bonito noutro momento. INGREDIENTES 1 toro de bonito fresco (ou desconxelado) 1 cebola grande (eu usei ceboleta) 2 dentes de allo (eu usei unha cullerada de allo picado que teño en aceite) 2 follas de loureiro 1 cullerada de vinagre 1 cullerada de postre de pementón (eu usei gochugaru, koreano, non pica) 1 cullerada de postre de orégano Auga, sal, aceite e desas cousas TEMPO Media hora ou así. PROCESO Eu empecei cortando o bonito en tacos. As peles e espiñas púxenas a cocer nun cazo con auga. A lume medio en 20 minutos xa temos algo así como un caldo de peixe. De paso, salpementei os cachos de bonito. Mentras se facía o caldo seguín coa receta. Cortamos a cebola en xuliana fina. Eu non usei toda a da foto dos ingredientes, pero podía telo feito porque merma bastante. Poñemos o allo e a cebola na tixel...
Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...