Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2013

Crema de champiñóns

Sabe mellor que a comprada ... ás veces ;) INGREDIENTES Champiñóns (150 gramos ou así poden dar para 2 litros de crema) 2 dentes de allo Media cebola pequena Pimenta negra para moer (opcional) Auga e unha pastilla de caldo, ou caldo de verduras/pito/carne Leite ou nata para cociñar (non para montar) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Pelamos e laminamos os allos. Picamos fina a cebola e os champiñóns. Poñemos a dourar os allos, e cando estean poñemos a cebola. Botamos un pouco de sal para que poche, e botamos tamén os champiñóns. Tenos a lume medio uns 10 minutos, revolvendo de vez en cando. Van ir soltando algo de auga a medida que se cociñan. Como eu non andaba mirando reloxos, continuei cando tiñan este aspecto. Poñemos un litro ou así de caldo, ou auga e unha pastilla de caldo concentrado (eso foi o que fixen eu, que non tiña outros caldos). Que coza durante uns 10 minutos máis. Logo, amecémoslle medio litro ou así de leite/na...

Guiso de calamares

Creo que me pasei comprando calamares o outro día, así que me sobraron do arroz e había que facer algo con eles. INGREDIENTES Calamares (uns 250 gramos) 3 ou 4 patacas un cuarto de cebola medio pimento 2 dentes de allo Aceite Sal  Pimenta blanca, perexil (mellor verde, eu só o tiña seco), pimentón dulce un chorro de viño auga/caldo de peixe TEMPO Uns 40 minutos. PROCESO Coma sempre empezamos polo allo e as verduras, laminando os allos e picando a cebola e o pimento (en xuliana, en cachos como ti queiras). Botamos un pouco de aceite na tixela, douramos algo os allos, e despois botamos a cebola e o pimento. Desde que leven un pouco de tempo ó lume, bota un pouco de sal para que "sude". Engadimos os calamares, salados, e botamos un pouco de pimenta (blanca no meu caso). Cociñamos un par de minutos, e botamos un chorro de viño blanco. Aviso: a min dixéronme moitas veces que os calamares (e chipiróns, e potas, etc.) encrúan ó botarlles...

Arroz con calamares, setas e gambas

  Vale, xa sei que máis que nome de receta é o resumen dos ingredientes, pero é o que hai :) INGREDIENTES 1 vaso de arroz uns 150-200 g. de calamares (eu usei anillas) unha presada de gambas peladas setas (no meu caso na bandexa viña shitake, setas cardo e das setas normales cultivadas) 2 dentes de allo Auga ou caldo. O que usei eu foi auga de cocer mexillóns. Aceite Azafrán   TEMPO Media hora máis ou menos PROCESO Poñemos un pouco de aceite nunha tixela e laminamos e douramos os allos. Vale outro recipiente, pero como era para min só, ben me chegaba. Cando estean dourados, botamos as setas. Para todo o proceso o lume que estea vivo, para facer tipo salteado, non pochado (que non ablande tanto, vamos). Dámoslles un par de minutos, e botamos os calamares. Eu piquei as anillas para que ó comer sexa máis cómodo.  Logo botamos o arroz. Revolve, e cando estean os graus transparentes, podes botar as gambas peladas. Non as botes ant...

Estofado de carne

 En concreto, estofazo de falda de xato con verduras e patacas. INGREDIENTES 1/2 Kg de carne. No meu caso: falda de xato (ou xata, non sei) 3 ou 4 patacas 2puerros 1 cebola 1 pemento verde 1 pemento colorado 2 zanahorias 1 ou 2 tomates maduros Cilantro (opcional, eu boteillo porque se me estaba pasando na nevera) Viño blanco (eu probei un manzanilla andaluz e funciona ben) Aceite Sal TEMPO Aproximadamente 45-60 minutos. Todo depende do cociñada que queirades a carne. PROCESO Cortamos e adobamos a carne con sal e allo (eu fíxeno o día anterior). Collemos unha pota (nas de aceiro funciona ben o asunto), poñemos algo de aceite e douramos a carne. Vai "agarrarse algo ó fondo da pota se o fas, coma min, cunha pota de aceiro, pero non importa. De feito hai que di que así colle máis sabor. Picamos as verduras   Cando estea dourada, retirámola para un plato e poñemos as verduras no aceite que quedou na pota. Que non che i...