Saltar ao contido principal

Arroz con calamares, setas e gambas

Vale, xa sei que máis que nome de receta é o resumen dos ingredientes, pero é o que hai :)

INGREDIENTES

  • 1 vaso de arroz
  • uns 150-200 g. de calamares (eu usei anillas)
  • unha presada de gambas peladas
  • setas (no meu caso na bandexa viña shitake, setas cardo e das setas normales cultivadas)
  • 2 dentes de allo
  • Auga ou caldo. O que usei eu foi auga de cocer mexillóns.
  • Aceite
  • Azafrán

 

TEMPO

Media hora máis ou menos

PROCESO

Poñemos un pouco de aceite nunha tixela e laminamos e douramos os allos. Vale outro recipiente, pero como era para min só, ben me chegaba.


Cando estean dourados, botamos as setas. Para todo o proceso o lume que estea vivo, para facer tipo salteado, non pochado (que non ablande tanto, vamos).

Dámoslles un par de minutos, e botamos os calamares. Eu piquei as anillas para que ó comer sexa máis cómodo.
 Logo botamos o arroz.
Revolve, e cando estean os graus transparentes, podes botar as gambas peladas. Non as botes antes, porque lles fai falta pouco tempo, e aínda falta a cocción do arroz.
Botamos a auga ou o caldo, e o azafrán.

O caldo que usei eu foi de cocer mexillóns. Cando cozo mexillóns bótoos na pota e poño medio vaso escaso de viño (meu pai dicía que mellor tinto), e nada de auga, que xa soltan bastante. Logo hai que colar a auga a través dunha tela, porque normalmente un colador non é bastante fino. E logo, ou usas a auga, ou como fixen eu conxeleina e utiliceina cando me veu ben.

Ollo se usas este tipo de caldos, que teñen moita potencia e sal. Eu non botei nada de sal en toda a receta, e ó final tiña un sabor potente-salado. Igual é boa idea probar o caldo e amecerlle un pouco de auga do grifo para suavizar.

O azafrán axuda tamén moito. Da color e sabor tamén. Eu últimamente utilizo azafrán en polvo en vez de en hebras, non sei se perdo calidade pero é cómodo.

A continuación, eu esperei que levantase unha fervedura e baixei o lume (usei o 3 e o 4 na miña vitrocerámica que ten o máximo de 6). Que coza 20 minutos aproximadamente. Na foto vese tal como estaba cando apaguei o lume. Apartei a tixela do lume, tapei cun trapo limpo, e deixeino 5 minutos reposando.


E este é o resultado xa no plato. Estaba bastante bo :)

Comentarios

  1. Pois comeu vostede moi ben!!!!,eu nunca uso a auga de cocer mexillons para nada,tampouco lles poño viño..,pero pareceme unha idea moi boa.
    gracias por compartila e felicitacions por ese plato.

    ResponderEliminar
  2. Gracias :)

    Pois proba o dos mexillóns, merece a pena. Anque hai tantas ideas como xente. Hai quen os coce con auga do grifo (sin sal ou con sal), con auga do mar, con algo de viño, ou sen absolutamente nada (poñelos na pota e que vaian soltando eles a auga).

    A opción máis mala na miña opinión é con auga do grifo. Das outras, sería cuestión de probar e comparar cada un.

    Saúdos
    Miguel

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...