Saltar ao contido principal

Estofado de carne

 En concreto, estofazo de falda de xato con verduras e patacas.

INGREDIENTES

  • 1/2 Kg de carne. No meu caso: falda de xato (ou xata, non sei)
  • 3 ou 4 patacas
  • 2puerros
  • 1 cebola
  • 1 pemento verde
  • 1 pemento colorado
  • 2 zanahorias
  • 1 ou 2 tomates maduros
  • Cilantro (opcional, eu boteillo porque se me estaba pasando na nevera)
  • Viño blanco (eu probei un manzanilla andaluz e funciona ben)
  • Aceite
  • Sal



TEMPO

Aproximadamente 45-60 minutos. Todo depende do cociñada que queirades a carne.

PROCESO

Cortamos e adobamos a carne con sal e allo (eu fíxeno o día anterior).

Collemos unha pota (nas de aceiro funciona ben o asunto), poñemos algo de aceite e douramos a carne. Vai "agarrarse algo ó fondo da pota se o fas, coma min, cunha pota de aceiro, pero non importa. De feito hai que di que así colle máis sabor.

Picamos as verduras

Cando estea dourada, retirámola para un plato e poñemos as verduras no aceite que quedou na pota. Que non che importe, como dicía, que quede algo agarrado da carne no fondo da pota. 

Debemos botar por orden a cebola e o puerro, logo pementos, logo zanahoria. Bueno, eso din. Eu boteino todo xunto :)

Bótalle un pouco de sal para que sude a verdura.

Desde que  poche uns minutos, volve a botar a carne. Logo, bota un vaso ou así de viño blanco. Este da foto compreino de oferta no Carrefour. Para beber non me gustou demasiado, pero no guiso fíxoo moi ben.

Cando botes o viño na pota, cunha chuchara de madeira ou similar rasca o fondo da pota e verás que se despega todo moi fácil. A isto os expertos chámanlle "desglasar" (si, con ele, nada que ver con "grasa").



Eu triturei un pouco de ceboleta cos tomates e o cilantro, e engadino na pota. Como dicía, o do cilantro é opcional e igual ata é un invento raro. Se nunca o probache anda con xeito coa cantidade porque ten un sabor potente. Eu tíñao na nevera (úsoo para facer guacamole, aquí está a miña receta) e estaba perdéndose, así que aproveitei 6 ou 7 ramiñas. 



Co tomate engadido, e botando un pouco de sal, deixa que coza, a lume medio e coa tapa posta. A min quedábame con este aspecto.

 Mentras coce a carne, pelamos e picamos en dados grandes as patacas, e fritímolas.


Cando estean fritas, escurrímolas. Podes salalas algo se queres. Eu fíxeno, porque non salo as patacas na tixela porque salo todo o aceite, prefiro facelo despois.

Logo botámolas na pota coa carne. Revolvemos, tapamos e deixamos cocer un par de minutos. Pode quedar despois co lume apagado outros 5 ou así para que asente a cousa.


E para rematar, botas un platado, e cómelo. Estaba bo!

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...