Sabe mellor que a comprada ... ás veces ;)
INGREDIENTES
- Champiñóns (150 gramos ou así poden dar para 2 litros de crema)
- 2 dentes de allo
- Media cebola pequena
- Pimenta negra para moer (opcional)
- Auga e unha pastilla de caldo, ou caldo de verduras/pito/carne
- Leite ou nata para cociñar (non para montar)

TEMPO
Media hora aproximadamentePROCESO
Pelamos e laminamos os allos. Picamos fina a cebola e os champiñóns.
Poñemos a dourar os allos, e cando estean poñemos a cebola. Botamos un pouco de sal para que poche, e botamos tamén os champiñóns.
Tenos a lume medio uns 10 minutos, revolvendo de vez en cando. Van ir soltando algo de auga a medida que se cociñan. Como eu non andaba mirando reloxos, continuei cando tiñan este aspecto.
Poñemos un litro ou así de caldo, ou auga e unha pastilla de caldo concentrado (eso foi o que fixen eu, que non tiña outros caldos).
Que coza durante uns 10 minutos máis. Logo, amecémoslle medio litro ou así de leite/nata.
Aquí hai para gustos. Pode ser nata (para cociñar, a de montar non vale), e nese caso eu botaría menos (un cartonciño deses de 250 cc. sería suficiente), porque é máis densa e a min fáiseme máis dulce.
Eu o que fixen foi botar leite. Algo menos de medio litro, creo recordar. Era semidesnatado porque era o que tiña na nevera, e iso si que igual é demasiado floxo, pero todo vai en gustos, así que cada un que faga o que queira.
Cando coza outros 5 minutos ou así, a lume medio, remata moendo un pouco de pimenta negra (se che gusta, a min si).
Logo, hai que batir. Eu usei unha batidora "americana", de vaso, desas mal chamadas licuadoras. Gústame facelo con esas batidoras por dous motivos: un, que non jodo o fondo da pota (que xa o fixen coas manuales), e outra porque lle dou ó botón, deixo que estea triturando un par de minutos, e non me canso movendo a batidora da mau.
Como este proceso enfría algo a crema, volvina ó cazo, e quenteina un minuto máis.
Despois só hai que botala no plato ou taza, e comer. Eu uso uns lavafrutas que comprei non sei onde. Xa sei que en teoría non son para sopas, pero eu non como sopa noutra cousa no meu piso...
Estaba bastante boa a crema. Teño que volver a probar coa nata a ver por que non a estaba usando ultimamente. E se me dan outra vez setas, terei que probar a facer a crema de boletus ou algo así, que está mellor que a champiñóns.
Comentarios
Publicar un comentario