Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Postre de cacao

Atrevinme cun postre máis! A receta está basada neste vídeo, pero aquí é con café en vez de cacao:  https://www.youtube.com/watch?v=9MWwwpOEld8   Non quedou demasiado doce, que era o que quería eu, pero para postre probablemente un 50% máis de azucre igual lle viña ben. INGREDIENTES 400 g de leite (serán 400 cl aprox., pero eu pesei todo) 40 g de cacao en polvo (sen azucre) 20 g de azucre  20 g de maicena TEMPO De traballo, 3 ou 4 minutos. Despois hai que deixarlle enfriar algo e logo metelo na nevera 1 ou 2 horas. PROCESO Mesturamos todo. Poñémolo nun cazo ó lume, a potencia media. Hai que revolver bastante frecuentemente, porque se agarra ó fondo do cazo. En 3 ou 4 minutos xa espesou. Eu deixeino atemperar un pouco no cazo, porque non tiña claro que non reventaran os vasos se o botaba xa. Pasámolo a uns vasos. Esperamos uns minutos a que enfríen un pouco máis, e metémolos na nevera. E este é o resultado final. Creo que se tivese nata para montar, viríalle ben por encima...

Lombo curado

Unha de charcutería. Igual me gusta máis do que debería, pero o que non me gusta habitualmente é o prezo do fiambre bo, e o lomo está habitualmente caro (e o solomillo máis, así que haberá que probar esta receta con solomillo tamén). E o non saber que lle botan, claro. INGREDIENTES Lombo de cocho. No meu caso, 1 Kg Sal gorda. Non pesei, pero sería 1 Kg tamén. Especias: pementón de la Vera, allo en polvo e pementa negra en polvo. 1 cullerada sopeira de cada. Xa sei que na foto saen "5 pimientas", pero ó final botei da negra. TEMPO Ata que quede currado, uns 21 días. Traballo a facer: 2 ou 3 minutos o primeiro día, 10 o segundo, e darlle a volta cada día levará 2 segundos. PROCESO Colle unha fiambreira algo máis grande que o lombo, pero non demasiado. Pon  un par de cm de sal no fondo, pon encima o lombo, e tapa con sal, asegurándote de que toda a carne queda cuberta. Méteo na nevera para que pase un día. Por certo, eu non saquei nada da graxa que tiña o lombo.Todo máis, se can...

Tortas de lentellas coloradas

Fixen esta receta porque a vin nun vídeo deses "só cun ingrediente..." que pensei que sería outra tomadura de pelo, pero non. Vaia, auga fai falta, e eu usei algo de sal e un pouco de aceite para fritir, pero o que prima son as lentellas.  Non creo que sirvan as normais. A receta que eu vin, e como as fixen, son unhas lentellas coloradas (eu creo que as atopei en Alcampo) que son bastante pequenas (máis pequenas que as pardinas) e parecen estar peladas. INGREDIENTES Lentellas coloradas. Auga para poñer a remollo Unha pizca de sal Aceite para ir "planchando" as tortas. TEMPO Aparte do remollo, eu diría que uns 5-6 minutos ou así por torta, pero non o calculei. Eu tardei unha hora máis ou menos en facer unhas 12. PROCESO Hai que poñer as lentellas a remollo unhas 8 horas. Eu deixeinas toda a noite. Como se ve nas fotos, aumentan o tamaño ó hidratarse. Pasámolas a un vaso batidor (ou batidora normal se non o tés). Aquí podes aproveitar a engadir un pouco de sal (opcion...

Paratha (pan plano hindú) con masa líquida

Hai moitos pans planos no mundo. Flatbread , que lle chaman os ingleses. Quizás o hindú máis conocido sexa o pan naan, pero a min deume por probar a facer este, o paratha . Non vin nos dicionarios da RAE ou a RAG ningunha palabra válida, aínda que nalgunha wiki vin "parata". De calquera maneira: é un pan plano que non utiliza ningún tipo de levadura e se fai na tixela. Hai moitas variedades, incluíndo cousas como patacas na masa, e variedades onde amasas e estiras, ou a que eu fixen, un amoado líquido, denso, parecido ó da filloa, pero non leva ovos. E para non facelo "plano" de todo, engadín algunha cousiña polo medio. Vale para acompañar, ou para comer só. Tén unha textura algo gomosa. INGREDIENTES Unha taza de fariña (eu usei fariña de forza) Unha cullerada de postre de sal Unha cullerada de postre de orégano Unha cullerada de postre escasa de zucre moreno Unha cullerada de postre abundante 😊 de allo (eu tíñao picado e metido en aceite) Media guindilla colorada ...