É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho.
Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :)
INGREDIENTES
- Os sesos dun cocho
- 2 ovos
- Sal e/ou pimenta ó gusto

TEMPO
Menos dun cuarto de horaPROCESO
Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.
Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos.
Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto.
E só queda facer a tortilla de forma normal. Primeiro a lume algo forte para que faga algo de costra, logo a lume máis baixo para que calle todo.
Viramos a tortilla coa axuda dunha tapa dunha pota, ou un prato, ou o que sexa. Eu os "viratortillas" de plástico non os uso, non me arreglo.
E finalmente: ó prato, e á barriga.
Non ,gracias....uff
ResponderEliminarCando se mataba na miña casa diputabamolos miña nai e mais eu... Pero simplemente cocidos cun pouco de cebola.
ResponderEliminarna miña no caldo creo recordar,e creo que en tortilla tortilla tamen..pero e una delicatesen que creo que eu solo soportaria si a fame apretara....
ResponderEliminar