Esta vai de fiambre natural de peituga de pavo. Probei a facela máis que nada porque cando vou ó súper e vexo cousas como "52% de pavo/porco/oquesexa" pois como que me cabreo, porque a outra metade son merdalladas.
Pode facerse ó forno (unha amiga fíxoo ó sal no forno) ou cocido, que foi o que fixen eu.
INGREDIENTES
- Unha peituga de pavo
- As especias que che gusten ou apetezan. Eu puxen
- Sal
- Allo en polvo
- Pementa negra
- Comino
- Tomiño
- Pimentón de la Vera (dulce)
TEMPO
Un par de horas (hai repouso polo medio)
PROCESO
O primeiro é mesturar as especias e "rebozar" a peituga na mestura.
Despois envólvese nun film e déixase repousar un tempo na neveira. Eu deixeino unhas catro horas, pero con media chegaría.
Despois hai que conseguir cocelo sen que lle toque a auga. Eu teño unha máquina de envasar ó baleiro, pero se non se ten pode meterse en algún tipo de bolsa e máis film.
A cocer, unha hora e sen que chegue a ferver.
Despois sácase da auga e déixase atemperar ou enfriar, para que non rompa tanto ó cortalo.
Cun coitelo ben afiado, ou con cortafiambres se tedes (eu non), córtase en rebadas finas.
E logo ponse algunha carallada para que a foto sexa máis "pija" ☺.
Dentro do que é o pavo, e encima a peituga que máis ben seca, pois está bastante bo. E sábese o que leva, e o que non leva!
Comentarios
Publicar un comentario