A miña versión dunha salsa mexicana (vale, tamén a hai en outros países, fundamentalmente latinoamericanos, unha das que eu probei, parecida a esta, foi feita en EEUU por unha rapaza mexicana).
INGREDIENTES
- 1 aguacate grande
- Unhas follas de cilantro
- Media ceboleta
- 1 Tomate pequeno carnoso (tomate pera ou similar)
- Lima (se non atopas, sirve limón)
- Sal
- Aceite
- Opcionalmente, chile ou outras cousas que piquen

TEMPO
O que tardes en picar e aderezar as cousas. Entre 5 e 10 minutos aproximadamente.
PROCESO
O traballo consiste en picar e mezclar todos os ingredientes vexetais, e aderezar co sal, a lima e o aceite.
O aguacate debe estar maduro para que sexa agradable. Que estea un pouquiño blando ó tacto, pero que siga de cor verde, se empeza a ennegrecer é que se pasou de maduro. Ademais, é unha fruta que oxida extremadamente rápido, polo que che recomendo que o deixes para o final. Se o abres ó principio, deixar a semilla fai que tarde un pouco máis en oxidar. E botarlle lima ou limón tamén, pero mellor empeza polo resto.
Así que empezamos picando fino a cebola ou ceboleta, e o tomate. Pica tamén unhas follas de cilantro (non é perexil!). Que non sexan moitas, porque ten un sabor moi potente e se pos moito ó final sabe todo a cilantro.
Logo, abre o aguacate. Colle un coitelo grande e fai un corte lonxitudinal, tipo meridiano do globo terráqueo, chegando ó óso/caúña/semilla. Non fai falta cortar o óso. Logo, xira unha das dúas metades sobre a outra. Se o aguacate está maduro e cortache ata o óso, ese xiro faise sen esforzo. Se che costa... probablemente debas cortar máis fondo ou colliche un aguacate demasiado verde. Para sacar a semilla, clava un coitelo nela (de forma paralela, non de punta) e xira o coitelo, sairá facilmente.
Saca a carne do aguacate. Un xeito fácil é cunha culler sopeira, meténdoa xusto polo borde, contra a casca.
Machaca ou pica a carne do aguacate. Se é maduro (como ves na foto) pode facerse cun tenedor. Se foi demasiado verde e non vale co tenedor, podes probar co mortero ou picando fino co coitelo, pero xa aviso que o resultado non vai ser o mesmo. Na seguinte foto ves como me quedou a min.
Para acabar, mezcla o aguacate co resto da verdura, aliña con sal, lima e aceite.
Sal... eu uso bastante, porque o aguacate é medio dulzón/grasento. Xa, xa sei que é malo abusar do sal.
A lima dalle a acidez. Podes usar limón, pero a lima dalle un toque especial, ten un olor máis dulzón... non sei, igual é que me trae recordos de cando o tomei "allende los mares".
Finalmente, o aceite: eu usei o de oliva porque era o que tiña, supoño que outro sirva. Eu botaría a poucos e revolvería de vez en cando, para saber cando parar. Máis que nada, dalle un aspecto untuoso moi agradable, pero non te pases, que non ande flotando ;).
E neste caso eu parei aquí, e o resultado é o da foto, que estaba ben bo.
A veces eu engado algún toque picante, como pementa negra ou tabasco. O lóxico sería engadirlle chile (verde, normalmente), pero atopalo fresco aquí non é moi fácil. Non probei a abrir unha lata de jalapeños en conserva para usar só un ben picado, pero dame que o resultado sería bo. É cuestión de experimentar...
Comentarios
Publicar un comentario