Si, pan. Dese que con viño sirve para facer o camiño. Non compensa economicamente ter o forno encendido a tope tres cuartos de hora, pero quería saber se sei facelo por se un día non teño pan na casa e teño gana del :) INGREDIENTES Fariña de trigo. Levadura de panadería. Auga, sal, aceite. TEMPO Unha hora aproximadamente PROCESO Para a fariña que collín, que serían 150 ou 200 gramos, collín a metade da pastilla de levadura que se ve na foto anterior. Esta levadura atopeina nun Eroski, anque normalmente uso (para empanadas, etc.) unhas pezas máis grandes que compro nunha panadería. Con que sexa levadura de panadería valerá, digo eu. Bótaselle un pouco de sal á fariña, e desmenúzase a levadura. Logo bótaselle como medio vaso de auga. A cantidade non a poño exacta porque non medín a que botei, nin pesara antes a fariña :) A que eu fago é empezar a revolver coa culler de madeira, e cando a fariña ten unha textura que parece que ten "...