Esta é fácil, cociñando pouco (aproveitando o xa cociñado) pero manchando ago de cacharrada para o rebozado :)
Para quen lle gusten as croquetas ou similares, pero non lle guste a bechamel. Conozo a alguén... anque a min gústame a bechamel e estas tamén me gustaron.
INGREDIENTES
- Carne cocida (no meu caso: falda de xato cocida)
- Patacas cocidas
- Cebola
- Fariña, ovo e pan raiado (o pan non sae nesta foto)
TEMPO
Tendo todo preparado, 15 minutos ou así. Logo se queres fritilas e facer unha ensalada é outra cousa.
PROCESO
A idea é simple: picar ben fina a cebola e a carne, "pisar" as patacas cocidas cun tenedor, e mezclalo todo.Logo, bater o ovo, e poñer en 3 cacharros a fariña, o ovo e o pan raiado.
Ir collendo a masa de carne, patacas e cebola, facer boliñas e rebozalas (por este orden) primeiro na fariña, logo no ovo e logo no pan raiado.
Se as vas fritir xa, colócaas como queiras e onde queiras, e logo fríteas.
Se non as vas cociñar (eu fixen unhas para regalo, e estas para ter de reserva no conxelador) recoméndoche algo para que poidas conxelalas e usalas máis tarde, sen que se peguen entre elas: colle un prato/fonte/o que sexa, cúbreo con papel de aluminio, e coloca as croquetas rebozadas nel, sen que se toquen.
Lévaas así para o conxelador, e desde que conxelen. Unha vez conxeladas, podes sacalas do prato e metelas nunha bolsa outra vez dentro do conxelador. Ocuparán menos que co prato, pero agora xa non se pegarán entre si.
Ah! Estas aínda non sei que tal saben, porque siguen conxeladas. As "de regalo" do outro día parece que estaban boas (estaban feitas con xamón cocido).
Proba, e que aproveite!
Se as de regalo foron as que papei eu estaban boiiiiiisimas!!!!
ResponderEliminar