Saltar ao contido principal

Pan


Si, pan. Dese que con viño sirve para facer o camiño.
Non compensa economicamente ter o forno encendido a tope tres cuartos de hora, pero quería saber se sei facelo por se un día non teño pan na casa e teño gana del :)

INGREDIENTES

  • Fariña de trigo.
  • Levadura de panadería.
  • Auga, sal, aceite.

TEMPO

Unha hora aproximadamente

PROCESO

Para a fariña que collín, que serían 150 ou 200 gramos, collín a metade da pastilla de levadura que se ve na foto anterior. Esta levadura atopeina nun Eroski, anque normalmente uso (para empanadas, etc.) unhas pezas máis grandes que compro nunha panadería. Con que sexa levadura de panadería valerá, digo eu.

Bótaselle un pouco de sal á fariña, e desmenúzase a levadura.


Logo bótaselle como medio vaso de auga. A cantidade non a poño exacta porque non medín a que botei, nin pesara antes a fariña :)

A que eu fago é empezar a revolver coa culler de madeira, e cando a fariña ten unha textura que parece que ten "farrapos" (ver foto seguinte), pois paro de botar auga.

Logo boto un chorriño de aceite. Non sei se sirve de algo para o pan ou lle fai mal, pero para as empanadas era boa idea porque fai a masa máis elástica e estírase mellor. Igual a próxima probo sen aceite.


Desde que boto o aceite, eu amaso á mau. Cando acabo queda unha bola, tapo o recipiente cun trapo e deixo que levede 20 minutos ou así.


Doulle unha última amasada, deixo a bola feita e fago unha cruz encima cun coitelo. Bueno, cunha navalla de Taramundi tamén me valeu :)

E pásase ó forno. En algún sitio lera que para o pan facía falta humidade no forno, así que puxen un pocillo con auga ó lado do futuro pan. Puxen o forno a 200 ºC largos.

E funme ver a tele... ós 40 ou 45 minutos acerqueime, e xa estaba... de feito había curruscos algo chamuscados, como se ve na foto. Pero a pinta é bárbara, non?

E xa está. a pinta é boa, a textura a min recórdame ó pan de Salamanca, que non fai "ollos" no molo, pero sabía ben.

Iso si, non contes con facer rebadas finas nin bocadillos, se che sae coma min.

 
Como se ve, eu fun comendo nel. Esto era rematando a cea.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...