Saltar ao contido principal

Sardiñas en papillotte

Un xeito distinto, cómodo, e bastante rápido de cociñar unhas sardiñas, co engadido de que o podes facer no interior dunha casa ou dun piso porque non queda todo con olor a sardiña como cando o frites ou asas. Quedan ben, bastante xugosas incluso. Iso si, se tes unha brasa fóra eu prefíroas á brasa :)

INGREDIENTES

  • Sardiñas
  • Verduras: puerro ou ceboleta ou cebola...
  • Herbas aromáticas
  • Sal
  • Aceite

TEMPO

Uns 20 minutos

PROCESO

Collemos un cacho grande de papel de aluminio para facer o papillotte. Hai outras formas e outros mecanismos (desde aparejos de silicona a usar papeis de forno), pero para min o aluminio é o máis cómodo. A idea do papillotte é cerrar a comida hermeticamente dentro, para facer un "forno dentro dun forno".

Collemos as sardiñas limpas (persoalmente eu limpoas por fora pero nunca as abro nin lles saco a tripa, iso cada quen que aparte as que lle toquen). Poñemos unhas poucas verduras por encima (creo que neste caso só puxen puerro), un pouco de sal, algunha herba aromática (romero por exemplo), e unha gota de aceite.  Pouco aceite, como unha cullerada do café ou así.


Doblamos facendo unha especie de sobre, e imos doblando ben os bordes (envolvendo unha ou 2 veces) para crear ese cerre hermético. Metémolo no forno (se está prequentado mellor) a uns 190ºC.


Cando o sobre está completamente hinchado, como na foto, iso indica que as sardiñas xa están cociñadas. No meu forno creo que tardou algo así como 20 minutos partindo de apagado.


E xa está. Lévalo ó plato, e ábrelo. Con xeitiño! que dentro hai vapor e sae con mala idea. Non vaias queimarte.

Como ves, queda medio xugoso, cunha capiña de líquido (xugos e grasas das sardiñas e as verdursa, máis o pouco aceite inicial). Se queres engadir algo de guarnición, pois faino. Miña mai dirá que unhas patacas cocidas veñen ben, claro...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Boliñas de queixo

Esta é unha especie de receta de aproveitamento, mesturada con pinchoteo. Pode facerse con queixo fresco relado, claro, pero eu fíxeno con queixo que tiña seco na nevera, que parecía un croio. Con mozarella ou gouda ou así queda derretido por dentro, co que fixen eu non. INGREDIENTES Queixo relado (aproveitando queixos varios vellos): Eran 173 g. 2 culleradas de maicena: 30 g (que quizás sobraba algo) Un ovo 2 culleradas de leite (non está na foto, foi unha adaptación porque quedou moi seco). TEMPO 20 ou 25 minutos. PROCESO Mesturamos o ovo e a maicena co queixo relado. Como este era queixo moi seco, probablemente a maicena sobraría. Hai que amasar á mau un bo cacho, e quedaba demasiado seco, así que metín un par de culleradas de leite. O aspecto final da masa é este: Compacta, seca, pero que mantén a forma. Agora toca coller cachiños e facer bolas. A min saíronme 37. E fritir. Lume alto e sen poñer demasiadas boliñas de vez para que non baixe a temperatura. Como eran pequenas, metín d...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...