Algunha receta medio normal habería que ter tamén, non?
Pois aquí vai unha: receta de calabacín... e algunha outra cousiña polo medio.
INGREDIENTES
- 1 ou 2 calabacíns, depende do tamaño
- medio pemento verde
- medio pemento coloradoç
- media cebola
- unha pataca pequena
- 3 ou catro ovos
TEMPO
20 minutos (ou iso pasou entre a foto dos ingredientes e a primeira foto da tortilla no prato)
PROCESO
Esta tortilla leva varias cousas ademais do calabacín. Todo iso é opcional, tamén se podería facer só co calabacín, pero penso que quedaría demasiado doce, así que lle engadín o resto dos ingredientes.
Poñemos aceite a quentar na tixela, picamos a cebola, os pementos e as patacas e botamos todo cando o aceite estea quente.
O calabacín é máis blando que as patacas, pementos e cebolas, así que o picamos e o botamos despois. Ademais a min non me gusta que estea demasiado pasado porque ablanda moito.
Mentras se frite, cascamos os ovos e batémolos. Eu normalmente, cando fago as tortillas, só boto o sal (e tamén pementa negra) no ovo, non nas patacas (nas tortillas normais) ou nas verduras. Se se bota o sal nas verduras, "pochan" e quedan tamén demasiado blandas para o meu gusto.

Cando vexamos que a fritura está ó noso gusto, escurrimos o aceite e botamos as verduras no ovo, e mezclamos. Como se ve na foto, eu deixei o calabacín algo "al dente". Se non che gusta así, decide ti o punto :)
Volvemos a poñer a tixela ó lume, sacando todo o aceite (se escurres, sempre queda un pouquiño bañando o recipiente, é suficiente). Deixa que volva a quencer un pouco. Bota o composto.
E aquí ven outro punto a discutir: se queres a tortilla moi pasada, pouco, pasada por fora pero cruda por dentro, cousas intermedias... en fin.
A min a comida en xeral gústame pouco feita, e as tortillas xugosas. Pero xa case non me saen así porque na miña familia as tortillas onde o ovo non está completamente callado están prohibidas. Se van ó restaurante A Penela comer as tortillas, que a min me gustan, seguro que as tiraban pola ventá :)
Bueno, en calquera caso: cando botes a mezcla a tixela ten que estar quente (lume alto) para que faga unha pequena costra. Logo podes baixar o lume para que vaia callando o resto, e aquí decides ti. Cando vexas que é suficiente para ti, toca darlle a volta. Eu dinlla un pouco despois desta foto, onde aínda non estaba callado de todo.
Para darlle a volta á tortilla eu recomendo un prato que colla na tixela. A min así funcióname ben, non se escapa o prato nin a tortilla.
Probei algunha vez cun "viratortillas" de plástico, que era máis grande que a tixela, e movíaseme e case me cae todo. Se alguén quere a trangallada esa, mándolla volando :)
Unha vez virada, cocíñala outro pouco. Eu normalmente volvo a subir un pouco o lume para que cree a costra exterior, e apago, así queda algo húmeda por dentro.
E este for o resultado unha vez volta a virar no prato.
Aqui vese como quedou por dentro. Parece que escurre algo de ovo, pero se vedes a imaxe a tamaño orixiñal máis ben é algo de aceite. Esta penso que si que a comían na miña casa.
E para acabar, outra suxerencia de presentación ou de menú: usar a tortilla de guarnición, neste caso dun pouco de pavo ó Teriyaki con verduras que tamén fixen (pero non saquei fotos para poñer a receta, outro día será).
Que aproveite! A min aproveitoume :)
Comentarios
Publicar un comentario