Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta arroz

Arroz con calamares, setas e gambas

  Vale, xa sei que máis que nome de receta é o resumen dos ingredientes, pero é o que hai :) INGREDIENTES 1 vaso de arroz uns 150-200 g. de calamares (eu usei anillas) unha presada de gambas peladas setas (no meu caso na bandexa viña shitake, setas cardo e das setas normales cultivadas) 2 dentes de allo Auga ou caldo. O que usei eu foi auga de cocer mexillóns. Aceite Azafrán   TEMPO Media hora máis ou menos PROCESO Poñemos un pouco de aceite nunha tixela e laminamos e douramos os allos. Vale outro recipiente, pero como era para min só, ben me chegaba. Cando estean dourados, botamos as setas. Para todo o proceso o lume que estea vivo, para facer tipo salteado, non pochado (que non ablande tanto, vamos). Dámoslles un par de minutos, e botamos os calamares. Eu piquei as anillas para que ó comer sexa máis cómodo.  Logo botamos o arroz. Revolve, e cando estean os graus transparentes, podes botar as gambas peladas. Non as botes ant...