Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta postres

Postre de cacao

Atrevinme cun postre máis! A receta está basada neste vídeo, pero aquí é con café en vez de cacao:  https://www.youtube.com/watch?v=9MWwwpOEld8   Non quedou demasiado doce, que era o que quería eu, pero para postre probablemente un 50% máis de azucre igual lle viña ben. INGREDIENTES 400 g de leite (serán 400 cl aprox., pero eu pesei todo) 40 g de cacao en polvo (sen azucre) 20 g de azucre  20 g de maicena TEMPO De traballo, 3 ou 4 minutos. Despois hai que deixarlle enfriar algo e logo metelo na nevera 1 ou 2 horas. PROCESO Mesturamos todo. Poñémolo nun cazo ó lume, a potencia media. Hai que revolver bastante frecuentemente, porque se agarra ó fondo do cazo. En 3 ou 4 minutos xa espesou. Eu deixeino atemperar un pouco no cazo, porque non tiña claro que non reventaran os vasos se o botaba xa. Pasámolo a uns vasos. Esperamos uns minutos a que enfríen un pouco máis, e metémolos na nevera. E este é o resultado final. Creo que se tivese nata para montar, viríalle ben por encima...

Flan de ovos (microondas)

  Xa teño no blog outra receta de flan, feito ó forno , pero tiña curiosidade. Tiña vistos varios vídeos en youtube de como facelo ó microondas, en moi pouco tempo (ó forno levoume unha hora de forno aprox), así que probei. Con menos cantidade, por se acaso, pero o resultado foi sorprendendentemente bo. Os ingredientes e proceso, ata metelo no microondas, son similares á outra receta. O caramelo na tixela fixeno igual tamén. INGREDIENTES 2 ovos 2 cucharadas sopeiras de azúcar (máis unha para o caramelo) un vaso de leite (25 cc aprox.) TEMPO Para facelo poñamos uns 20 minutos escasos (da primeira foto á última no meu caso foron 17), pero logo ten que enfriar na neveira. PROCESO  Batemos os ovos co azúcar. Engadimos o leite, e batemos de novo ata que quede homoxéneo. O "mejunje" xa está. Agora facemos o caramelo. Botamos a chucarada de azúcar na tixela, e unhas gotiñas (poucas) de limón. Sen mover deixamos que derrita o azúcar...

Flan de ovo

Collemos o sobre do flanín e ... naaaaaaaah :) Flan de ovo caseiro! Tendo en conta o "ben" que nos levamos a respostería e mais eu, isto foi un gran paso... incluso fixen o caramelo. Iso si, quedou floxo e case non se ve. INGREDIENTES 8 ovos 1/2 litro de leite Azúcar: 8 cucharadas sopeiras rasas para o flan, unhas catro para o caramelo. Unhas gotas de limón para o caramelo TEMPO Uns 5 minutos para a preparación, incluído o caramelo. Unha hora aprox. de forno. Esperar que enfríe... eu esperei 3 horas (fun tomar unhas birras, non me quedei de paspán mirando!) PROCESO Empezamos polo caramelo. Ollo que queima moito, e pégase, así que hai que andar con moito xeito e botar fóra da cociña os pequerechos se os hai :) Pon ó lume unha tixela completamente baleira e seca, e bota unhas 4 cucharadas de azúcar. Podes botarlle (realmente é opcional) unhas gotas de auga ou de zumo de limón. Din que fai o caramelo máis líquido e que non se pegue tanto, pero...