Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta tortilla

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Tortilla con cousas (vexetais e aproveitamento)

Unha receta "normal"? A medias. Ó final é unha tortilla con cousas. Tiña na neveira un cacho dun brócoli e un allo porro que non quería que se perdesen, e tiña unhas patacas e un pouco de cebola codidos dunha comida anterior. E había ovos, así que ... tortilla! Aínda que xa che digo eu que para algúns amigos igual había que cambiar o brócoli por chourizo 😈. INGREDIENTES Os que teñas. Eu usei: Dúas patacas cocidas pequenas Media cebola pequena cocida Medio brócoli Un allo porro 5 ovos TEMPO 20 minutos aproximadamente. As patacas xa estaban cocidas! PROCESO Empecei por cortar e escaldar o brócoli durante 3 minutos desde que empezou a ferver (o brócoli da foto dos ingredientes xa estaba escaldado). Logo de picar todo o material, empecei por poñer na tixela, con pouco aceite, o allo porro. Despois de un par de minutos incorporei o brócoli. E despois dun minuto máis, a pataca e a cebola. Non lle botei nada de sal (ós ovos si). Salteei todo durante outros 2-3 minutos. Batín os ovo...

Tortilla de sesos

É unha tortilla francesa con sesos, ou molas, ou cerebro, ou como lle queiras chamar, de cocho. Hai quen dirá: Que noxo! Pero se é de confianza (cocho matado na casa) pois eu apúntome a facela e comela. Case  era un ritual na casa o día de despedazar o cocho :) INGREDIENTES Os sesos dun cocho 2 ovos Sal e/ou pimenta ó gusto TEMPO Menos dun cuarto de hora PROCESO Primeiro hai que lavar e escocer os sesos. Ás veces quedan manchados de sangre, incluso con coágulos case negros (sobre todo desde que hai que atontar o animal co balote antes de matalo). Basta con cocelos 2 minutos ou así, é unha materia moi blanda.  Deixa templar un pouco (para non queimarte) e limpa os sesos. Mentras se cocen os sesos, podes bater os ovos, e cando estean os sesos limpos mézclaos cos ovos. Pisa co tenedor para desmigalos algo, así quedará máis homoxénea. Adereza con sal e/ou pementa ó teu gusto. E só queda facer a tortilla de forma normal. Prime...

Tortilla de calabacín

Algunha receta medio normal habería que ter tamén, non? Pois aquí vai unha: receta de calabacín... e algunha outra cousiña polo medio. INGREDIENTES 1 ou 2 calabacíns, depende do tamaño medio pemento verde  medio pemento coloradoç media cebola unha pataca pequena 3 ou catro ovos A cantidade  dos ingredientes aquí é algo variable, porque non depende só dos comensais, tamén hai que quere a tortilla con máis ou menos ovo TEMPO 20 minutos (ou iso pasou entre a foto dos ingredientes e a primeira foto da tortilla no prato) PROCESO Esta tortilla leva varias cousas ademais do calabacín. Todo iso é opcional, tamén se podería facer só co calabacín, pero penso que quedaría demasiado doce, así que lle engadín o resto dos ingredientes. Poñemos aceite a quentar na tixela, picamos a cebola, os pementos e as patacas e botamos todo cando o aceite estea quente. O calabacín é máis blando que as patacas, pementos e cebolas, así que o picamos e o botamos despoi...