Saltar ao contido principal

Publicacións

Simit (Şimit), pan circular trenzado turco

Parece un bagel dos yankees, por aquelo de que parece unha rosca de pan, pero non é igual. Este é trenzado, leva un baño de algo doce e un montón de sésamo por enriba. En Estambul véndeno por todos lados (postos na rúa). INGREDIENTES Non sale na foto nin o sal nin o aceite,,, Fariña, 1/2 Kg. aprox. Levadura de panadería, 1 sobre Azucre, 1 cullerada sopeira Sal (ó gusto) Aceite, 2 culleradas Mel (ou azucre, ou melaza...), 1 cullerada sopeira Sésamo branco, 3 culleradas sopeiras TEMPO Unhas 2 horas contando coa espera de que levede a masa. PROCESO Poñemos a levadura e o azucre nunha taza de auga morna (uns 250 cc.). Mesturamos. Poñemos a fariña nun bol, e engadimos unha culleradiña de sal (ou ó gusto) e revolvemos. Engadimos tamén as 2 culleradas de aceite. Eu usei de oliva. Cando a levadura se activou, que se ve con burbullas na auga, botamos o líquido na masa e amasamos. É habitualmente unha masa pouco hidratada (coas cantidades que dou sería ó 50%) e polo tanto un pelín dura. Eu acabe...
Publicacións recentes

Edamames salteados con salsa picante

Os edamames son bagullos de soia collidos en verde. Son orientais, diría que típicos de Xapón. Normalmente atópanse conxelados.  Esta receta é máis un aperitivo que outra cousa, aínda que a soia ten moitas proteínas. Ah, só se comen as fabas, o bagullo parece ser que non. E a salsa está feita cun montón de cousas medio raras, moitas pilladas nun supermercado asiático. O común das recetas é: 1) cocer directamente os bagullos conxelados, e 2) aliñar e comer. Pero hai variantes no tempo de coción (de 3 a 5 minutos, din a maioría) e por suposto no aliño. En fin, serviron de cea. A salsa para rechupetear está moi boa. As fabas de soia, pois nin fú nin fá. Terei que volver a facelas para sacar as que quedan no conxelador. INGREDIENTES Edamames (usaría uns 300 g) Sal 2 culleradas de aceite de oliva Allo picado ou granulado (usei granulado) 2/3 culleradas de salsa de soia 1 cullerada de salsa de ostras 1 cullerada escasa de zume de limón 1 cullerada de aceite sésamo Semente de de sésamo (q...

Bonito encebolado

  Vin unha receta por internet (era de atún), e a verdade é que é rápida, e queda moi ben tamén con bonito. Incluso se pode deixar preparada a parte do encebolado e rematar a parte do bonito noutro momento. INGREDIENTES 1 toro de bonito fresco (ou desconxelado) 1 cebola grande (eu usei ceboleta) 2 dentes de allo (eu usei unha cullerada de allo picado que teño en aceite) 2 follas de loureiro 1 cullerada de vinagre 1 cullerada de postre de pementón (eu usei gochugaru, koreano, non pica) 1 cullerada de postre de orégano Auga, sal, aceite e desas cousas TEMPO Media hora ou así. PROCESO Eu empecei cortando o bonito en tacos. As peles e espiñas púxenas a cocer nun cazo con auga. A lume medio en 20 minutos xa temos algo así como un caldo de peixe. De paso, salpementei os cachos de bonito. Mentras se facía o caldo seguín coa receta. Cortamos a cebola en xuliana fina. Eu non usei toda a da foto dos ingredientes, pero podía telo feito porque merma bastante. Poñemos o allo e a cebola na tixel...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Gyozas (empanadillas xaponesas)

As gyozas son unhas empanadillas orientais (creo que de Xapón, pero outros din China e outros noutros sitios). En calquera caso, son empanadillas bastante versátiles, que poden cociñarse de varias formas. A máis habitual é tostalas algo nunha tixela e logo cubrir cun dedo de auga e cocer/cociñar ó vapor, pero tamén se poden meter en sopas, no forno, nas air fryer...  Cando se fan, é interesante facer moitas á vez e conxelar. Total, cociñalas de conxeladas (sin desconxelación previa) tardará un minuto máis. INGREDIENTES Para o recheo: Carne mesturada (cocho e xato), medio kilo máis ou menos  1 cebola mediana Un cuarto de repolo Allo (eu usei unha cullerada de pasta de allo que fixen eu, triturando allo e metendo en aceite) Sal Salsa de soia Para a masa: 300 g de fariña normal 150 g de auga fervendo (si, úsase fervendo, e vai pesada, a metade de peso da fariña) Unha pizca de sal Tamén fixen unha salsa básica, metade salsa de soia, metade vinagre de arroz, e unha pizca de salsa h...