Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta vapor

Pancho con verduras ó vapor

Unha receta absurdamente simple, pero o asunto é que sabía ben, e ás veces o que faltan son ideas para facer de comer.  De paso, tamén probei o cacharro de cocher ó vapor que comprei nos chinos :) En vez de usar un pancho (peixe "primo" do besugo pola miña zona) podes usar calquera outro. De feito, é a primeira vez que o como cocido, normalmente fágoo frito, á plancha ou ó forno. INGREDIENTES: Un pancho ( Pagellus acarne según google, anque non é exactamente un besugo) Unha pataca Un ou 2 brécoles 4 espárragos verdes 4 cenorias TEMPO  Depende do cocida que che guste a comida. Aproximadamente media hora PROCESO A idea básica é: Pela o que teña pelica, trocea o troceable, pono a cocer, sácao e cómeo. Por iso dicía que a receta era absurdamente simple. Como quería cocer ó vapor, pois comprei un cacharriño metálico de meter dentro dunha pota, que me costou 2€ escasos. É o que sae nas 2 fotos seguintes, recollido (para que ocupe pouco) ou ...