Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta italiano

Pizza

  Pizza, si. Pero caseira. Facéndoo case todo, claro. Di miña nai que estas merdas non lle gustan, pero ela fala das conxeladas do súper. Estas son outra cousa. INGREDIENTES Para a masa: Fariña (250 g ou así) Levadura de panadería (non a pesei, ocuparía unha cucharada do café ben chea) Sal, auga, aceite de oliva. Para poñer por encima: Tomate frito Queixo para relar Tomate (eu usei tomate pera) natural Xamón curado Xamón cocido Mortadela Aceiunas Orégano (moi importante! anque non sae na foto) TEMPO  Media hora escasa. PROCESO Primeiro hai que facer a masa. Non saquei fotos, pero eu fixen case igual que para facer a empanada de carne ou incluso a de pan . Logo hai que ir estirándoa, mellor se podes ir facéndoo xirando a masa e estirando pouco a pouco. Eu, como non podía facer a pizza redonda (polo tamaño e a fonte que ía usar) pois acabei usando o rodillo para estirar. De todas formas, anque sabía ben, a masa non fo...