Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta setas

Crema de champiñóns

Sabe mellor que a comprada ... ás veces ;) INGREDIENTES Champiñóns (150 gramos ou así poden dar para 2 litros de crema) 2 dentes de allo Media cebola pequena Pimenta negra para moer (opcional) Auga e unha pastilla de caldo, ou caldo de verduras/pito/carne Leite ou nata para cociñar (non para montar) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Pelamos e laminamos os allos. Picamos fina a cebola e os champiñóns. Poñemos a dourar os allos, e cando estean poñemos a cebola. Botamos un pouco de sal para que poche, e botamos tamén os champiñóns. Tenos a lume medio uns 10 minutos, revolvendo de vez en cando. Van ir soltando algo de auga a medida que se cociñan. Como eu non andaba mirando reloxos, continuei cando tiñan este aspecto. Poñemos un litro ou así de caldo, ou auga e unha pastilla de caldo concentrado (eso foi o que fixen eu, que non tiña outros caldos). Que coza durante uns 10 minutos máis. Logo, amecémoslle medio litro ou así de leite/na...

Arroz con calamares, setas e gambas

  Vale, xa sei que máis que nome de receta é o resumen dos ingredientes, pero é o que hai :) INGREDIENTES 1 vaso de arroz uns 150-200 g. de calamares (eu usei anillas) unha presada de gambas peladas setas (no meu caso na bandexa viña shitake, setas cardo e das setas normales cultivadas) 2 dentes de allo Auga ou caldo. O que usei eu foi auga de cocer mexillóns. Aceite Azafrán   TEMPO Media hora máis ou menos PROCESO Poñemos un pouco de aceite nunha tixela e laminamos e douramos os allos. Vale outro recipiente, pero como era para min só, ben me chegaba. Cando estean dourados, botamos as setas. Para todo o proceso o lume que estea vivo, para facer tipo salteado, non pochado (que non ablande tanto, vamos). Dámoslles un par de minutos, e botamos os calamares. Eu piquei as anillas para que ó comer sexa máis cómodo.  Logo botamos o arroz. Revolve, e cando estean os graus transparentes, podes botar as gambas peladas. Non as botes ant...