Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta peixe

Bonito encebolado

  Vin unha receta por internet (era de atún), e a verdade é que é rápida, e queda moi ben tamén con bonito. Incluso se pode deixar preparada a parte do encebolado e rematar a parte do bonito noutro momento. INGREDIENTES 1 toro de bonito fresco (ou desconxelado) 1 cebola grande (eu usei ceboleta) 2 dentes de allo (eu usei unha cullerada de allo picado que teño en aceite) 2 follas de loureiro 1 cullerada de vinagre 1 cullerada de postre de pementón (eu usei gochugaru, koreano, non pica) 1 cullerada de postre de orégano Auga, sal, aceite e desas cousas TEMPO Media hora ou así. PROCESO Eu empecei cortando o bonito en tacos. As peles e espiñas púxenas a cocer nun cazo con auga. A lume medio en 20 minutos xa temos algo así como un caldo de peixe. De paso, salpementei os cachos de bonito. Mentras se facía o caldo seguín coa receta. Cortamos a cebola en xuliana fina. Eu non usei toda a da foto dos ingredientes, pero podía telo feito porque merma bastante. Poñemos o allo e a cebola na tixel...

Hamburguesa de bonito

    Unha forma diferente de comer bonito. Como non o pasei demasiado, e leva cebola mesturada co bonito, estaba xugoso. Polo tema do anisakis, ó estar pouco feito, eu neste caso non teño problema porque tiña o bonito conxelado.   E con pan, pan. Non esa trangallada embolsada que lle chaman pan de hamburguesas. INGREDIENTES Bonito, un toro pequeno (ben se ve ó lado da culler sopeira) Unha cebola mediana Allo, eu usei unha cullerada sopeira de allo picado que teño en aceite  Unha cullerada de perexil seco (non está na foto), porque non o tiña verde Tomate Leituga Sal Pan. Do de verdade (de Carral neste caso)  Tampouco sae na foto: un pouco de vinagreta (metade aceite, metade vinagre) e fixen unha salsa con maonesa, sriracha de pementos de Padrón, e mostaza antiga.   TEMPO Uns 20 ou 25 minutos. PROCESO Empezamos por picar a cebola (eu usei tres cuartos da da foto) en cachos grandes, sacar a carne do bonito sen espiñas nin pel, engadir un pouco de perexil, e u...

Rolo de bonito en salsa de curry tailandés

Xa sei que o normal é facer o rolo de bonito con salsa de tomate, pero a min gústame o curry, así que foi así. E, xa de postos, tampouco sei por que lle chaman rolo ou rollo de bonito cando de rolo non ten nada. É basicamente unha albóndiga gorda e estirada... en fin. INGREDIENTES Para o rolo: Bonito: pesoume uns 320g unha vez picado Cebola: uns 60g Pemento colorado: uns 60g Allo: eu usei allo picado con aceite, unha cullerada sopeira 2 ovos Pan relado, unhas 8 culleradas. Unha alternativa moio frecuente é usar molo de pan vello amolecido en leite. Sal e aceite Para rebozar usei 2 ovos máis e un prato de fariña. Para o curry Cebola picada fina, un par de culleradas. Curry. Eu usei tailandés, unha cullerada sopeira. Leite evaporado. Tamén se pode usar leite de coco, pero dalle un toque demasiado doce. Caldo de peixe (de cocer a cabeza e unhas espiñas do bonito), unha cunca. Para acompañar: unha cunca de arroz para cocer en branco.   TEMPO Unha hora e cuarto aproximadamente. PROCESO ...

Caldeirada de raia

INGREDIENTES Para cocer Unha ala de raia Patacas  Cebola Sal Para a allada (parte deles non están na foto) Allos Aceite Pementón doce Unto (opcional) Guindilla (opcional) Vinagre (opcional) TEMPO: Uns 25 minutos PROCESO: Pelamos e picamos as patacas (eu fixen rodas) e a cebola e poñemos a cocer. Eu utilicei media ceboleta porque non tiña máis. De ter, usaría unha cebola grande ou 2 pequenas. Apuntamos cando empeza a ferver porque ós 12 minutos ou así hai que engadir a raia. Partimos a raia en catro cachos e imos preparando o tema para facer a allada. Podemos botarlle xa un pouco de sal á raia. Hai a quen lle gusta con pementa tamén, pero eu decidín non botarlla.     Botamos algo de aceite nunha tixela e poñemos o allo, a guindilla se nos gusta, e o unto.    Eu utilicei allo con guindilla que tiña nun bote, xa picado e macerando en aceite (e usei parte do aceite do bote).   Persoalmente, nunca usara antes unto nunha allada (nin o vira, pero revisando algunha...

Curry tailandés de peixe con cuscús

  O plato é medio estranxeiro raro, porque o curry é tailandés, pero o cuscús é máis ben moruno, e o peixe era galego. Pero a mestura con queda mal. INGREDIENTES Peixe. Eu usei 1 toro de corvina e 2 de pescada. Caldo ou auga. Eu usei auga de cocer chícaros (berberechos). Pasta de curry tailandés.  Unha ceboleta Allo. Eu usei algo de allo mesturado con guindilla en aceite que fixera eu. Cuscús precocido. Sal e aceite (que non saen na foto).   TEMPO Uns 25 minutos (os que pasaron entre a primeira e a última foto) PROCESO Empezamos por poñer a tixela ó lume cun pouco de aceite e o allo coa guindilla. Mentras quence, poñemos o cuscús nun bol e picamos a ceboleta en xuliana. Cando o allo doure un pouco, botamos a ceboleta e un pouco de sal para que vaia suando. Poñemos a lume medio para que non se queime. Fervemos auga (máis ou menos o mesmo volume que de cuscús), botámolo no cuscús e tapamos cun papel film. Hai xente que lle bota manteiga, ou aceite, ou pocha unhas verduras (...