Saltar ao contido principal

Edamames salteados con salsa picante

Os edamames son bagullos de soia collidos en verde. Son orientais, diría que típicos de Xapón. Normalmente atópanse conxelados. 

Esta receta é máis un aperitivo que outra cousa, aínda que a soia ten moitas proteínas. Ah, só se comen as fabas, o bagullo parece ser que non. E a salsa está feita cun montón de cousas medio raras, moitas pilladas nun supermercado asiático.

O común das recetas é: 1) cocer directamente os bagullos conxelados, e 2) aliñar e comer. Pero hai variantes no tempo de coción (de 3 a 5 minutos, din a maioría) e por suposto no aliño.

En fin, serviron de cea. A salsa para rechupetear está moi boa. As fabas de soia, pois nin fú nin fá. Terei que volver a facelas para sacar as que quedan no conxelador.

INGREDIENTES

  • Edamames (usaría uns 300 g)
  • Sal
  • 2 culleradas de aceite de oliva
  • Allo picado ou granulado (usei granulado)
  • 2/3 culleradas de salsa de soia
  • 1 cullerada de salsa de ostras
  • 1 cullerada escasa de zume de limón
  • 1 cullerada de aceite sésamo
  • Semente de de sésamo (quería negro pero atopei o branco)
  • Aceite de chile (tipo Lao Gan Ma, por exemplo, ou feito na casa, que foi o que usei) 
  • Caienas trituradas.

TEMPO

Uns 10 ou 15 minutos

PROCESO

Poñemos auga a ferver. Os bagullos estaban así, sen desconxelar.


Cando o cazo da auga ferva, botamos os edamames, que eu cocín 5 minutos desde que volveu a ferver a auga. Hai que non lle bota sal (a salsa levará salsa de soia que xa é salada) e hai quen lle bota moito porque como os bagullos non se comen, que pase algo ó interior. Eu botei unha presada (como unha cullerada sopeira).

Empecei xa coa salsa, poñendo aceite de sésamo e aceite de oliva. Cando quenceu botei a semente de sésamo (tiña branco sen tostar, non sei onde metín o negro). E allo granulado, porque tiña pouco allo normal. Supoño que tostar primeiro o sésamo sen aceite estaría ben, e usar allo de verdade picado, pero é o que hai.

Unha vez se tostou algo o sésamo e o allo, engadín unha cullerada de salsa de ostras (a parte de abaixo, máis densa) e 2 ou 3 de salsa de soia. Lume medio-baixo e remexendo de vez en cando.


Despois foi o aceite de chile con algunha caiena triturada a maiores, e un chorro de zume de limón.


Escúrrense os edamames (non os pasei por auga, simplemente nunha escurrideira) e boteinos na tixela para ir salteando algo coa salsa.


E nada máis. Emplatar e comer. Hai quen os prefire fríos. Eu non.


Aquí un detalle: ó apretar saen as fabas, e normalmente métese o bagullo na boca para chupetear na salsa, pero só se comen as fabas. O bagullo en sí é demasiado fibroso.

E nada máis. Nin para tirar cohetes nin para tirar ó lixo. E si, a salsa moi boa. O engadido da salsa de ostras, que inicialmente igual non ía levar, fíxolle moi ben.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...