Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta picante

Coscos (caracoles) en salsa picante

Cornu aspersum . Caracol. Cosco no meu pobo. Non sei se é un localismo de Barreiros, da Mariña de Lugo, ou de onde. Pero se digo "cosco" fóra de aquí non me entende nin Deus. En calquera caso, estaban invadíndome a casa, así que decidín cociñalos. O problema máis grande de cociñar coscos é limpalos, tanto a merda como as babas. Logo, cocelos e metelos nunha salsa que pique e que leve chourizo, xamón, panceta... algo consitente.     INGREDIENTES  Coscos: eu apañei cerca de 2 Kg, que van mermando. Xamón curado. Panceta. Chourizo. Allo (eu tiña allo picado que conservo en aceite). Unha cebola mediana. Pemento. Eu tiña unhas tiras de pemento verde. Guindilla. Eu tiña fresca, pero seca tipo cayena tamén sirve. Salsa de tomate. Eu tiña un bote caseiro. 2 follas de loureiro. Unhas ramas de tomiño Un vaso de viño branco Aceite Sal Paciencia. Si. Ingrediente fundamental. Os ingredientes non saen todos na foto. Tampouco puxen cantidades. Para o tema da carne acabei usando chourizo ...

Curry tailandés de peixe con cuscús

  O plato é medio estranxeiro raro, porque o curry é tailandés, pero o cuscús é máis ben moruno, e o peixe era galego. Pero a mestura con queda mal. INGREDIENTES Peixe. Eu usei 1 toro de corvina e 2 de pescada. Caldo ou auga. Eu usei auga de cocer chícaros (berberechos). Pasta de curry tailandés.  Unha ceboleta Allo. Eu usei algo de allo mesturado con guindilla en aceite que fixera eu. Cuscús precocido. Sal e aceite (que non saen na foto).   TEMPO Uns 25 minutos (os que pasaron entre a primeira e a última foto) PROCESO Empezamos por poñer a tixela ó lume cun pouco de aceite e o allo coa guindilla. Mentras quence, poñemos o cuscús nun bol e picamos a ceboleta en xuliana. Cando o allo doure un pouco, botamos a ceboleta e un pouco de sal para que vaia suando. Poñemos a lume medio para que non se queime. Fervemos auga (máis ou menos o mesmo volume que de cuscús), botámolo no cuscús e tapamos cun papel film. Hai xente que lle bota manteiga, ou aceite, ou pocha unhas verduras (...

Sriracha

  A Sriracha é unha salsa picante tailandesa. Orixinouse no pobo Si Racha, de aí o nome. Se entendedes inglés (ou usades subtítulos) o vídeo no que me basei eu foi este: https://www.youtube.com/watch?v=y9SFsCfxJy0 . É unha salsa interesante porque, aparte de picar (a min gústame o picante) tamén ten sabor "propio".  Non é só picor. Hai algún detalle sobre a salsa que creo que é interesante. Primeiro, que os pementos picantes deben ser vermellos (eu probei variantes, pero a Sriracha típica é vermella) e carnosos (para cando se cole quede algo espeso e non totalmente líquido). Segundo, que parece que leva moito azúcar. Realmente con tanto vinagre faille falta. INGREDIENTES 250 gramos de pementos picantes vermellos (chámalle guindilla, ají, chile...) que sexan carnosos. Eu usei uns de orixe español que atopei en Alcampo. 1 cabeza de allos grande Vinagre (eu prefiro o de arroz para esta receta) 1 cullerada de postre de sal 2 chulleradas sopeiras rasas de azúcar (realmente eu use...