Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta carne

Xarrete (osobuco) ó viño branco

Case sempre que compro xarrete eu cózoo, porque me gusta así e aproveito a auga de cocer como consomé. Pero este tiña tan boa pinta para asar que non me resistín. Facer un só seguindo esta receta, para unha persoa (sobra a metade) creo que é un pouco perder o tempo, pero tampouco vou dicir que estaba malo. Facer catro xuntos para máis xente leva o mesmo traballo e igual incluso sabe mellor. Por certo, que eu usei viño branco porque as salsas feitas con viño tinto a min fánseme normalmente demasiado fortes. INGREDIENTES Un pedazo de xarrete ou osobuco. O meu pesaba medio kilo aproximadamente. Verduras ó gusto. Eu usei allos, cebola, ceboleta, champiñóns portobello, pemento colorado e cenorias. Acompañeino con puré de patacas, que levaba pataca e algo de leite para poñelo máis meloso, e algo de perexil (non saen na foto). TEMPO Unha hora ou hora e cuarto (ola exprés). PROCESO Primeiro salpementamos a carne e picamos as verduras (eu aproveitei xa a foto previa).  Despois cubrimos o fo...

Calabacíns recheos picantes

Receta particular de calabacíns recheos. O recheo podía ser de calquera cousa, eu fíxeno de carne. A cantidade dos ingredientes que poño aquí para o recheo son moitísimos máis que os que usei para encher os 3 cachos de calabacín que usei, porque quería ter recheo de máis para outras cousas (empanada, ou xa veremos), pero poño a cantidade para manter as proporcións e para que coincida algo coas fotos. Os calabacíns non deben ser demasiado grandes, porque se non a pel pode estar demasiado dura, e a idea é comer logo todo. Como a min me gusta o picante, e tiña unha lata de chiles jalapeños aberta, pois botei algún polo medio (algúnha roda de chile e algún cacho de zanahoria que viña na lata, que case pica máis que os chiles porque absorveu). INGREDIENTES Calabacíns (eu usei un e medio, non moi grandes) Carne picada (250g), vale de cocho, xato, pito, mezclada... 1 cebola mediana 2 dentes de allo 3 champiñóns Queixo relado  Jalapeños (se queres que piquen) Sal e pem...

Croquetas de carne sen bechamel

  Esta é fácil, cociñando pouco (aproveitando o xa cociñado) pero manchando ago de cacharrada para o rebozado :)  Para quen lle gusten as croquetas ou similares, pero non lle guste a bechamel. Conozo a alguén... anque a min gústame a bechamel e estas tamén me gustaron. INGREDIENTES Carne cocida (no meu caso: falda de xato cocida) Patacas cocidas Cebola Fariña, ovo e pan raiado (o pan non sae nesta foto)   TEMPO Tendo todo preparado, 15 minutos ou así. Logo se queres fritilas e facer unha ensalada é outra cousa. PROCESO A idea é simple: picar ben fina a cebola e a carne, "pisar" as patacas cocidas cun tenedor, e mezclalo todo. Logo, bater o ovo, e poñer en 3 cacharros a fariña, o ovo e o pan raiado. Ir collendo a masa de carne, patacas e cebola, facer boliñas e rebozalas (por este orden) primeiro na fariña, logo no ovo e logo no pan raiado. Se as vas fritir xa, colócaas como queiras e onde queiras, e logo fríteas. Se non as vas coc...

Estofado de carne

 En concreto, estofazo de falda de xato con verduras e patacas. INGREDIENTES 1/2 Kg de carne. No meu caso: falda de xato (ou xata, non sei) 3 ou 4 patacas 2puerros 1 cebola 1 pemento verde 1 pemento colorado 2 zanahorias 1 ou 2 tomates maduros Cilantro (opcional, eu boteillo porque se me estaba pasando na nevera) Viño blanco (eu probei un manzanilla andaluz e funciona ben) Aceite Sal TEMPO Aproximadamente 45-60 minutos. Todo depende do cociñada que queirades a carne. PROCESO Cortamos e adobamos a carne con sal e allo (eu fíxeno o día anterior). Collemos unha pota (nas de aceiro funciona ben o asunto), poñemos algo de aceite e douramos a carne. Vai "agarrarse algo ó fondo da pota se o fas, coma min, cunha pota de aceiro, pero non importa. De feito hai que di que así colle máis sabor. Picamos as verduras   Cando estea dourada, retirámola para un plato e poñemos as verduras no aceite que quedou na pota. Que non che i...

Empanada de carne (aproveitamento)

Outra receta para aproveitar parte dun lacón asado... este foi o resultado. INGREDIENTES Fariña (300 g) Levadura de panadería (15 g) Auga e aceite para amasar Carne picada (xa estaba asada) (200 g) Cebola (1, uns 150 g) Pemento verde (150 g) PREPARACIÓN  Como a masa debe repousar uns 20-30 minutos para que levede, é mellor empezar por facer a masa. Así mentras esperamos podemos picar os ingredientes que irán dentro. Pon nunha ensaladeira uns 300 g de fariña, unha pizca de sal, e os 15 g de levadura. NOTA: con levadura de panadería, desa que ven en bloques, a empanada sae e sabe moito mellor que usando levadura en polvo  de repostería (desa que ven en sobre, tipo Royal e compañía). Eu teño a levadura no conxelador, así que parto un cacho e póñoa no microondas a desconxelar cunha pizca de auga. Vai botando auga (a temperatura ambiente) na fariña e revolvendo cunha culler de madeira. Non medín a cantidade de auga que usei, pero sería como medio vaso, uns 1...