Case sempre que compro xarrete eu cózoo, porque me gusta así e aproveito a auga de cocer como consomé. Pero este tiña tan boa pinta para asar que non me resistín. Facer un só seguindo esta receta, para unha persoa (sobra a metade) creo que é un pouco perder o tempo, pero tampouco vou dicir que estaba malo. Facer catro xuntos para máis xente leva o mesmo traballo e igual incluso sabe mellor. Por certo, que eu usei viño branco porque as salsas feitas con viño tinto a min fánseme normalmente demasiado fortes. INGREDIENTES Un pedazo de xarrete ou osobuco. O meu pesaba medio kilo aproximadamente. Verduras ó gusto. Eu usei allos, cebola, ceboleta, champiñóns portobello, pemento colorado e cenorias. Acompañeino con puré de patacas, que levaba pataca e algo de leite para poñelo máis meloso, e algo de perexil (non saen na foto). TEMPO Unha hora ou hora e cuarto (ola exprés). PROCESO Primeiro salpementamos a carne e picamos as verduras (eu aproveitei xa a foto previa). Despois cubrimos o fo...