Saltar ao contido principal

Musaka de aproveitamento



MUSAKA de aproveitamento

Posiblemente non teña demasiado que ver coa musaka "oficial", empezando porque non é de cordeiro, pero parécese bastante, e comeuse toda :)

Por outro lado, esqueceume de sacar algunha das fotos durante o proceso, e a da musaka finalizada. Imperdoable!

INGREDIENTES

Bases

  • 3 berenxenas (1kg)

Farsa

  • 1 cebola
  • 1 pimento
  • 2 tomates
  • Carne que sobrou de cocido (galiña e xamón cocidos). O orixinal é cordeiro.

Bechamel

  • Aceite (3 ou 4 culleradas sopeiras)
  • Manteiga (1 cullerada, opcional)
  • Fariña (3 culleradas sopeiras ben cheas)
  • 3/4 de litro de leite

PREPARACIÓN

Cortar as berenxenas en rodas de máis ou menos un cm de grosor. Eu corteinas ó largo, pero vin recetas onde as cortan ó traveso, en círculos. Deixalas nunha fonte con bastante sal durante aproximadamente media hora (mentras fas o resto) .


Para a farsa (o recheo):
  • Facer unha salsa de tomate: picar unha cebola e un pimento. Poñer a pochar, botar un pouco de sal para que suden. Picar 2 tomates e botalos encima da cebola e o pimento cando estean a medias. Botar un pouco de albahaca, unha cucharada de azúcar e unha de sal.
  • Cocer a lume medio 5 minutos, e agregar a carne (se usas carne cruda, habería que fritila antes de botala, ou tamén podes botala na cebola pochada antes do tomate).
  • Reservar





Desde que as berenxenas levan media hora ou así no sal, hai que lavalas ben para sacar o líquido amargo que botaron e mais o sal. Despois hai que secalas MOI ben con papel absorbente (se quedan húmidas asan peor).

Asar as berenxenas. Eu fíxeno na plancha, con pouco aceite. Lin que se podía facer no microondas, 8 mintuos a máxima potencia poñendo as lonxas nunha fiambreira tapada coa tapa do micro, e unha gota de aceite, pero non probei. Na foto aínda estaban a medio asar, quedan cun aspecto medio queimado, dependendo da auga que lles quedara. Mira a que está abaixo á dereita, coa marca de apretala coa espumadeira.
 O aspecto final era máis ou menos este:
 

Fai a bechamel. Bota 3 culleradas de aceite e un pouco de manteiga (opcional). Bota unhas 3 culleradas de fariña, e un chisco de sal se queres. Espera a que se vaia cociñando a fariña (que non quede demasiado seca, debe ir máis ou menos a mesma cantidade). Vai botando leite pouco a pouco e revolvendo (non teño máis fotos da bechamel). Eu gastei máis ou menos tres cuartos de litro de leite revolvendo seguido. Debe quedar algo líquida para poder estrala mellor.

Pon o forno a prequentar a uns 180o C (calor por enriba e por abaixo).

Monta a musaka: Unha capa de berenxenas, unha capa de farsa de carne, unha de bechamel. Volve con outra capa de berenxenas, farsa, e bechamel, así ata que acabes (a min deume para dúas capas de farsa). Acaba con berenxenas e unha capa de bechamel por encima.

Para acabar, pon queixo rallado por encima da bechamel (eu non atopei o rallador así que o cortei co coitelo). Métea no forno.

Déixaa a 180o C máis ou menos 20 minutos. Logo pona 5 minutos co grill (ou calor por arriba só se non tes grill) a 250oC.

Sácaa do forno, e sácalle unha foto. A min esqueceume a foto do produto final.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Lombo curado

Unha de charcutería. Igual me gusta máis do que debería, pero o que non me gusta habitualmente é o prezo do fiambre bo, e o lomo está habitualmente caro (e o solomillo máis, así que haberá que probar esta receta con solomillo tamén). E o non saber que lle botan, claro. INGREDIENTES Lombo de cocho. No meu caso, 1 Kg Sal gorda. Non pesei, pero sería 1 Kg tamén. Especias: pementón de la Vera, allo en polvo e pementa negra en polvo. 1 cullerada sopeira de cada. Xa sei que na foto saen "5 pimientas", pero ó final botei da negra. TEMPO Ata que quede currado, uns 21 días. Traballo a facer: 2 ou 3 minutos o primeiro día, 10 o segundo, e darlle a volta cada día levará 2 segundos. PROCESO Colle unha fiambreira algo máis grande que o lombo, pero non demasiado. Pon  un par de cm de sal no fondo, pon encima o lombo, e tapa con sal, asegurándote de que toda a carne queda cuberta. Méteo na nevera para que pase un día. Por certo, eu non saquei nada da graxa que tiña o lombo.Todo máis, se can...