Saltar ao contido principal

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.


 INGREDIENTES

  • 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo.
  • 1 limón (o seu zume)
  • sal

TEMPO

Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera.

PROCESO

Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio. 


Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos.

Deixamos repousar media hora ou así. 


Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume.


Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín.


Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así.


Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo.

Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cremoso hai que engadir algo de líquido, pouco a pouco, e seguir batindo. Pode ser o soro que escurriu ou leite. Eu botei soro, unhas 8 culleradas sopeiras. Puiden terlle botado outras 2 ou 3, porque quedou bastante firme.


E cando teña a consistencia que queiramos, paramos.

Pode gardarse nun bote ben pechado na nevera (creo que) durante 3-5 días.


E dúias fotos finais do queixo untado. Na segunda puxen un pouco de orégano. Está moi bo.



Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Guiso de mellixóns con brócoli e patacas

Unha maneira distinta de comer mexillóns, que non sexa con patacas fritas como os belgas, pero tampouco ó vapor (que están moi bos, pero fai falta un quintal deles para cenar algo). Ademais, "os meus amigos do brócoli" igual entran ó trapo ... ou non.  En fin, aquí queda, manchei potas de máis, pero creo que valeu a pena. INGREDIENTES Para unhas 4-6 racións, depende dos comensais. O pemento e a salsa de tomate son opcionais, pero quedan moi ben (foron ideas a posteriori, así que non van na foto) 2 Kg de mexillóns Un brócoli de 1/2 Kg ou así (a ollo) Un par de patacas 2 dentes de allo media cebola Pemento verde ou colorado 3 ou 4 cucharadas de salsa de tomate.     TEMPO  Uns 45 minutos aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar e picar as patacas, e picar o brócoli. Por certo, que o toco pelado tamén sirve, e ten un sabor máis suave que os "arbolitos". Cocémolos (en auga ou ó vapor, como se queira) pero de forma que quede...