Saltar ao contido principal

Guiso de calamares



Creo que me pasei comprando calamares o outro día, así que me sobraron do arroz e había que facer algo con eles.

INGREDIENTES

  • Calamares (uns 250 gramos)
  • 3 ou 4 patacas
  • un cuarto de cebola
  • medio pimento
  • 2 dentes de allo
  • Aceite
  • Sal 
  • Pimenta blanca, perexil (mellor verde, eu só o tiña seco), pimentón dulce
  • un chorro de viño
  • auga/caldo de peixe

TEMPO

Uns 40 minutos.

PROCESO

Coma sempre empezamos polo allo e as verduras, laminando os allos e picando a cebola e o pimento (en xuliana, en cachos como ti queiras). Botamos un pouco de aceite na tixela, douramos algo os allos, e despois botamos a cebola e o pimento. Desde que leven un pouco de tempo ó lume, bota un pouco de sal para que "sude".
Engadimos os calamares, salados, e botamos un pouco de pimenta (blanca no meu caso). Cociñamos un par de minutos, e botamos un chorro de viño blanco.

Aviso: a min dixéronme moitas veces que os calamares (e chipiróns, e potas, etc.) encrúan ó botarlles o viño. Pode ser. Pero a min gústame que estean algo duros, e gústame o sabor que deixa o viño no guiso, así que llo boto. Total, só o comín eu.

Desde que evapore o viño evapore o alcol (fervendo pode ser un minuto ou así) podes botar as patacas (sálaas algo). Se van en cachos pequenos cociñaranse antes, claro.

Logo, bota o perexil picado (xa digo, da máis sabor o verde, eu só o tiña seco e foi o que botei).

Se te fixas na foto seguinte, vense unhas ramas/follas verde claro. É apio. Non o puxen nos ingredientes porque foi un experimento. A min o apio crudo non me gusta, fáiseme moi forte. Pero como comprei un (non sei moi ben por que) pois quero ir gastándoo. Ó final deulle un gusto interesante e non molesto, pero igual que outras herbas se te pasas domina o sabor do plato.

As patacas quedan medio cubertas de líquido, entre o que soltaron as verduras e os calamares, e o viño. Revolve un pouco, e tapa para que coza sen evaporarse demasiado rápido.
 Vai mirando se están as patacas cocidas. Se ves que queda demasiado líquido, destapa e aumenta o lume, co que evaporará. Se ves que queda seco (como me pasou a min despois de destapar, e aínda non estaban as patacas) podes botar auga ou calquera caldo de peixe/verduras. Non creo que quede moi ben caldo de carne :)

Probando quedaba algo soso, así que botei un pouquiño de salsa de peixe que tiña pola alacena. Tamén quedaba algo blanco todo, así que botei un pouco de pimentón dulce. Revoltín, e quedou tal que así.

E para acabar, botei no plato, e comín. Interesante, creo que esta receta vou repetila máis veces. Ah, se ves aceitunas na foto anterior e na do plato, é porque collín unhas poucas para comer mentras esperaba, e tirei catro por encima das patacas. A min gústanme as aceitunas nos guisos e nos arroces, a outra xente non... e como foi algo sin pensar, pois tampouco as puxen nos ingredientes.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...