Saltar ao contido principal

Pencas de acelga rebozadas.

Ía poñer que era unha receta de aproveitamento, porque "aproveitei" que aínda non fresou ninguén a cortiña, e as acelgas siguen vivas...

A receta é o que di o seu nome, así que non esperedes virguerías. Pero están boas, e anque os fritos, rebozados, etc. non sexan demasiado sanos, comemos verdura ;)

Outra cousa: a parte verde das acelgas tamén se come! Eu desta volta leveilla ás galiñas (con algún cosco polo medio) porque xa eran follas algo vellas e roídas. Pero para salteados ou cocidos ou revoltos, o verde da acelga sirve perfectamente.

INGREDIENTES

  • Pencas de acelga (a parte blanca, o "rabo" das follas da acelga)
  • Fariña e ovos para rebozar
  • Sal

TEMPO

O que é cociñar, pouco máis de media hora. Pero limpar as pencas pode levar máis tempo.

PROCESO 

Hai que empezar por limpar as pencas, sacándolles eses fíos ou teliñas que as recubren. A seguinte foto foi o meu "punto de partida" coas pencas sen limpar.

 

Cortándoas en cachos duns 8cm ou así límpanse mellor. Limpar as pencas pode levar bastante tempo se es detallista, pero podes facelo o día anterior, deixándoas na nevera nun cacharro con auga non lles pasa nada.


Este é un detalle dunha penca coa teliña a medio sacar.


Unha vez limpas, hai que cocelas. Uns 15-20 minutos son suficientes (fai falta que cozan case de todo, porque logo do rebozado a fritura é breve, e non se vai cociñar moito a propia penca. Ademais, a penca cruda ten un certo regusto amargo que non é moi agradable.

Unha vez cocidas, pasamos a rebozar e fritir.

Primeiro pasamos por fariña...


Logo por ovo batido (eu aproveitei aquí a poñer algo de sal, porque me esqueceu cando as cocín) ...


E finalmente, frítense. O aceite ten que estar ben quente, e as pencas deben nadar nel. Eu normalmente uso un cacharro relativamente estreito, para non desperdiciar moito aceite e conseguir altura. O da foto, o que usei neste caso, creo que era un fervedor do leite :)

Por certo: xa podes contar con tirar o aceite cando acabes de fritir. Entre a fariña, o ovo e as altas temperaturas queda feito un cristo. O de xirasol e compañía é máis barato...


Frite de poucas en poucas, para que estean separadas entre si. E cando as saques, ponas nun papel absorbente para que chupe o aceite que lles sobra.


E este foi o resultado final. Mal de todo non deben estar, porque as fixen a semana pasada e volvín a facelas esta (a pesar do coñazo que é limpalas, claro que as outras limpounas miña sobriña).

Bo proveito!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...