Saltar ao contido principal

Tapenade (paté de aceitunas)

  

Outra receta-non receta de mezclar e batir. O patenade é un paté de aceitunas con algún engadido, supostamente orixinario de Francia. O máis habitual (o que fixen) é de aceitunas negras, pero tamén o hai de aceitunas verdes.

Esta receta é unha mestura de varias que atopei por internet, porque non hai uniformidade en absolutamente todos os ingredientes.

INGREDIENTES

  • 1 bote de aceitunas negras sen óso (eran 150g peso neto escurrido).
  • Allo: eu tiña allo picado en aceite e usei unha cullerada de postre. Serían 2 dentes.
  • Unha cullerada de postre de alcaparras. 
  • Media cullerada de postre de tomiño.
  • Anchoas: eu usei 3 filetes.
  • Zume de limón: 1-2 culleradas sopeiras (non o medín).
  • Aceite: 2-4 culleradas sopeiras.
Nota: Non se usa sal, porque entre o que traen as aceitunas e a anchoa xa vai de sobra.

 

TEMPO

Menos de 10 minutos

PROCESO

Poñemos todos os ingredientes no accesorio picador da batidora. Se non tes, supoño que batidora normal ou de vaso tamén sirve. De aceite botei o que se ve na foto dos ingredientes, que serían 2 culleradas sopeiras.

 
Despois de batir un cacho, un minuto ou 2, mirei o aspecto. Parecía máis "roto" que pasta tipo paté, así que botei outras 2 culleradas de aceite e seguín picando outros 2 minutos. Quedou con este aspecto.

 
E xa está. Pásalo a un bote, e a untar. Aquí teño biscotes, pero o outro día tiña unha barra de pan do día anterior, cortei en rebadas delgadas e púxenas 10 minutos escasos na "air frier" e quedaron moi ben.

Se despois de facelo o metes na neveira media hora ou así, asentará e mellora o sabor. Ou iso din ☺

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...