Saltar ao contido principal

Rolo de bonito en salsa de curry tailandés


Xa sei que o normal é facer o rolo de bonito con salsa de tomate, pero a min gústame o curry, así que foi así. E, xa de postos, tampouco sei por que lle chaman rolo ou rollo de bonito cando de rolo non ten nada. É basicamente unha albóndiga gorda e estirada... en fin.

INGREDIENTES

Para o rolo:

  • Bonito: pesoume uns 320g unha vez picado
  • Cebola: uns 60g
  • Pemento colorado: uns 60g
  • Allo: eu usei allo picado con aceite, unha cullerada sopeira
  • 2 ovos
  • Pan relado, unhas 8 culleradas. Unha alternativa moio frecuente é usar molo de pan vello amolecido en leite.
  • Sal e aceite
  • Para rebozar usei 2 ovos máis e un prato de fariña.

Para o curry

  • Cebola picada fina, un par de culleradas.
  • Curry. Eu usei tailandés, unha cullerada sopeira.
  • Leite evaporado. Tamén se pode usar leite de coco, pero dalle un toque demasiado doce.
  • Caldo de peixe (de cocer a cabeza e unhas espiñas do bonito), unha cunca.

Para acompañar: unha cunca de arroz para cocer en branco.

 

TEMPO

Unha hora e cuarto aproximadamente.

PROCESO

Empezamos por picar, a coitelo, o bonito. Isto leva un cachiño...

 

Logo picamos fino a cebola e o pemento, e engadimos o resto dos ingredientes: 2 ovos, o allo picado, unha area de sal e o pan relado.


Amasamos á mau hasta conseguir a "pelota". Aquí hai que ter en conta que ten que aguantarse, e a textura conséguese engadindo máis ou menos pan relado, polo que é interesante empezar por 4 culleradas ou así, e ir amasando e engadindo pan ata que quede consistente.

Levamos para a neveira 15 minutos ou así. Despois facemos os rolos. Podería ser un só grande ou, como fixen eu, catro máis manexables.

Rebózanse en fariña e ovo.

Unha vez rebozados, frítense. Máis ben dóuranse, porque non hai que cociñalos demasiado, para que non queden demasiado secos. Hai que ter en conta que van cocer logo máis na salsa do curry.

 

Eu doureinos uns 3-4 minutos. Logo deixeinos nunha grella para que soltasen o exceso de aceite. Creo que é mellor opción esta que usar papel de cociña, que primeiro absorbe aceite e logo devólvello.


Mentras, podemos empezar coa salsa de curry. Empezamos "pochando" a lume medio-baixo a cebola. 

Cando está medio ablandada, engadimos o curry. No meu caso, pasta de curry tailandés "Panang".
 
Aplástase algo coa culler a medida que se vai fritindo e soltando os aceites.

 
Logo engádese o leite evaporado e o caldo de peixe e déixase cocer uns minutos. O leite suaviza algo o curry, sen el igual pica de máis (vai en gustos). E botando demasiado leite, ou usando leite de coco, disfraza demasiado o curry, na miña opinión.

Poñemos os rolos na salsa, e deixamos cocer, xirándoos de vez en cando, a lume medio, durante uns 15 minutos.

 
Finalmente quedaron con este aspecto.

 
E finalmente empratamos. Eu cortei o rolo, acompañeino co arroz cocido e puxen por enriba a salsa de curry. 
 
Estaba bo 😋.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...