Saltar ao contido principal

Ensalada de cochayuyo

Outro invento, de orixe chileno. O cochayuyo (Durvillaea antárctica) é unha alga do pacífico que parece ser que se come habitualmente en Chile (aínda que eu non o vin en ningunha carta de restaurantes). Véndese nunha especie de mollos deshidratados que pesan moi pouco (cento e pico gramos) que hai que hidratar e cocer, e úsase habitualmente en ensaladas, ceviches e cazuelas, entre outras recetas.  Ten moi pouco sabor (sobre todo se o coces sin sal) e unha textura medio xelatinosa e algo similar á punta da orella de cocho cocida, algo triscante (depende do que o cozas, claro).

O máis difícil da receta igual foi conseguir o cochayuyo. Eu aproveitei unha viaxe a Chile ☺.

INGREDIENTES

  • Cochayuyo, claro. Eu usei como un cuarto do paquete seco, que deben ser 40 ou 50g aprox (na foto xa está hidratado, e usei a metade do que se ve).
  • Cebola, pode ser colorada ou branca, eu usei media ceboleta escasa
  • 1 tomate
  • Medio pemento colorado e medio verde
  • 1 Zanahoria
  • Unhas follas de cilantro
  • 2 ou 3 follas de leituga
Non están na foto:
  • Aceitunas
  • Aceite, limón, sal e pementa negra para aliñar

TEMPO

Hai que poñer a remollo o cochayuyo unhas 8h (ou deixar toda a noite). Cocelo son 15 minutos desde que a auga ferve. E cortar e compoñer a ensalada, uns 5 minutos

PROCESO

O cochayuyo véndese deshidratado en mazos como o da foto (tamén venden as "follas", pero eu non as atopei). Pesa moi pouco. Como dicía, cada mollo destes non chega ós 120 gramos.

Sacamos uns cachos (rompe fácil) porque todo é demasiado para unha persoa) e poñémolos a rehidratar en auga fría. Unha xente di 2 horas, outros 8, outros que pode ser toda a noite. Eu deixeino unhas 12h.


Unha vez rehidratado, xa pesa máis, e abulta máis, como na foto.


Poñemos a cocer, botándoo en auga xa fervendo. De novo, hai quen di máis ou menos tempo, entre 15 e 45 ou 50 minutos. Eu deixeino uns 15, saqueino e paseino por auga fría para que parara de cocer, e para poder manipulalo sen queimarme.

Mentras cocía, aproveitei para picar as verduras: a cebola e pimentos en xuliana, o tomte en dadiños, a zanahoria en bastóns pequenos, e o cilantro en cachos sin pararme moito. Logo piquei o cochayuyo en tiras máis ou menos finas.


E isto foio que usei ó final, engadindo aceitunas e aliñando con limón (zumo dun limón e medio), aceite, algo de sal e pementa negra.


E así foi como quedou ó final. Se fago outra, probablemente poña algo de sal na auga de cocer o cochayuyo, porque ten pouco sabor. A textura en xeral gústame esa medio xelatina - medio triscante estilo orella de cocho cocida, pola punta (non hai cartílago realmente).





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...