Saltar ao contido principal

Simit (Şimit), pan circular trenzado turco

Parece un bagel dos yankees, por aquelo de que parece unha rosca de pan, pero non é igual. Este é trenzado, leva un baño de algo doce e un montón de sésamo por enriba. En Estambul véndeno por todos lados (postos na rúa).


INGREDIENTES

Non sale na foto nin o sal nin o aceite,,,

  • Fariña, 1/2 Kg. aprox.
  • Levadura de panadería, 1 sobre
  • Azucre, 1 cullerada sopeira
  • Sal (ó gusto)
  • Aceite, 2 culleradas
  • Mel (ou azucre, ou melaza...), 1 cullerada sopeira
  • Sésamo branco, 3 culleradas sopeiras

TEMPO

Unhas 2 horas contando coa espera de que levede a masa.

PROCESO

Poñemos a levadura e o azucre nunha taza de auga morna (uns 250 cc.). Mesturamos.

Poñemos a fariña nun bol, e engadimos unha culleradiña de sal (ou ó gusto) e revolvemos. Engadimos tamén as 2 culleradas de aceite. Eu usei de oliva.

Cando a levadura se activou, que se ve con burbullas na auga, botamos o líquido na masa e amasamos. É habitualmente unha masa pouco hidratada (coas cantidades que dou sería ó 50%) e polo tanto un pelín dura. Eu acabei non botando toda a auga coa levadura para que se vexa cun aspecto como o da foto.

Unha vez que está feita a masa, engrasamos algo o bol con aceite e poñemos algo por encima da bola de masa, para que non seque. Ponémoloa no bol, tapamos, e esperamos unha hora ou así a que levede (a temperatura ambiente).

Mentras esperamos que levede, tostamos o sésamo. A temperatura media (6 de 9 na miña placa) uns 15 minutos. Hai que revolver bastante frecuentemente e mirar que non se queime.


Temos que bañar os panes nunha mestura doce que pode ser melaza, azucre, mel... eu usei 2 culleradas sopeiras de mel e un vaso escaso de auga. Así quedou a mestura, e o sésamo xa tostado.


Agora empezamos a facer o pan. Collemos cachos (eu pesei e eran aproximadamente 100 ou 110 gramos) e estiramos. Que queden "churros" de polo menos 30 cm. Estes debían ter 40, non medín.


Xuntamos as puntas de 2 churros e apretamos, e logo vamos envolvendo para facer esa especie de trenza.


Finamente cerramos a circunferencia e apretamos para que non se desfaga. Arrolar algo encima do mesado axuda. Logo podemos tratar de estiralo algo para que quede unha rosca algo máis grande. Cando rematamos, sumerximos na mezcla de mel e auga, mollando por todos os lados.


E despois "empanamos" co sésamo tostado.


Mentras fixen as roscas aproveitei para prequentar o forno a 250 grados. Unha vez quente, para a fonte. Non leva nada de aceite nin outro tipo de grasa, pouseino directo na bandexa.


Tívenas no forno 15 minutos a 250ºC, e despois aproximadamente outros 15 a 190-200ºC (andaba subindo e baixando, pero creo que deixalo a 200 estaría ben, para que se coza por dentro o pan). Cando acabei, púxenos na grella para que enfriara.


E xa está. Un par de fotos-finish, esperar a que quedara algo morno e a probar. Estaba bastante bo, vale para repetir.





























mbiente).



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Guiso de mellixóns con brócoli e patacas

Unha maneira distinta de comer mexillóns, que non sexa con patacas fritas como os belgas, pero tampouco ó vapor (que están moi bos, pero fai falta un quintal deles para cenar algo). Ademais, "os meus amigos do brócoli" igual entran ó trapo ... ou non.  En fin, aquí queda, manchei potas de máis, pero creo que valeu a pena. INGREDIENTES Para unhas 4-6 racións, depende dos comensais. O pemento e a salsa de tomate son opcionais, pero quedan moi ben (foron ideas a posteriori, así que non van na foto) 2 Kg de mexillóns Un brócoli de 1/2 Kg ou así (a ollo) Un par de patacas 2 dentes de allo media cebola Pemento verde ou colorado 3 ou 4 cucharadas de salsa de tomate.     TEMPO  Uns 45 minutos aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar e picar as patacas, e picar o brócoli. Por certo, que o toco pelado tamén sirve, e ten un sabor máis suave que os "arbolitos". Cocémolos (en auga ou ó vapor, como se queira) pero de forma que quede...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Guiso de chipiróns con repolo

Non as tiña todas eu conmigo antes de empezar a facer esta comida... parecíameunha mezcla un pouco rara, pero saliu bastante ben. E como tiña os chipiróns e o repolo, pois probei. INGREDIENTES Con estas medidas comemos 2 e sobrou pa cena :) 1/2 Kg de chipiróns 2 dentes de allo media cebola medio repolo pequeno Aceite, sal, pimenta e auga. TEMPO Pouco máis de media hora (xa tiña os chipis limpos) PROCESO  Limpar os chipiróns (eu xa o fixera onte), pelar a pataca, a cebola e os allos e picar. Os allos en láminas, a cebola e o repolo en xuliana, e as patacas "cascadas". Así xa temos todo preparado para ir botando. Empezamos por poñer unha pota con aceite ó lume, e dourar os allos. Cando estean algo dourados, botamos os chipiróns. Déixanse un minuto máis ou menos, e retíranse os chipiróns e o allo (un minutos, si, dos de 60 segundos máis ou menos). Como se ve na foto, queda o aceite coa auga que soltan os chipiróns, que é bastante, e dará a...