Saltar ao contido principal

Pancho con verduras ó vapor

Unha receta absurdamente simple, pero o asunto é que sabía ben, e ás veces o que faltan son ideas para facer de comer. 

De paso, tamén probei o cacharro de cocher ó vapor que comprei nos chinos :)

En vez de usar un pancho (peixe "primo" do besugo pola miña zona) podes usar calquera outro. De feito, é a primeira vez que o como cocido, normalmente fágoo frito, á plancha ou ó forno.

INGREDIENTES:

  • Un pancho (Pagellus acarne según google, anque non é exactamente un besugo)
  • Unha pataca
  • Un ou 2 brécoles
  • 4 espárragos verdes
  • 4 cenorias

TEMPO

 Depende do cocida que che guste a comida. Aproximadamente media hora

PROCESO

A idea básica é: Pela o que teña pelica, trocea o troceable, pono a cocer, sácao e cómeo. Por iso dicía que a receta era absurdamente simple.

Como quería cocer ó vapor, pois comprei un cacharriño metálico de meter dentro dunha pota, que me costou 2€ escasos. É o que sae nas 2 fotos seguintes, recollido (para que ocupe pouco) ou estirado para usar. 

Hai outras opcións, claro:
  • Potas que traen o accesorio
  • Sistemas coma este que usei, pero para potas a presión
  • O mesmo pero de mimbre. Vinos en programas de cociña de chinos :)
  • Cocedeiros de vapor que se enchufan, teñen un depósito para a auga abaixo e vas apilando bandexas con furados de plástico. É unha boa opción se coces moito ó vapor, costaban uns 40€.
  • Forno de vapor. Están moi ben, ou iso din. Se atopo 1.000 ou 2.000€ na cuneta, xa compro un e vos conto.


Pois pelamos a pataca e as cenorias, troceamos a pataca, as cenorias e o brécol, e poñemos todo a cocer. Para iso metemos o cacharriño de metal nunha pota, e botamos auga de xeito que que os alimentos queden en seco. É mellor deixar un centímetro ou así de espacio entre a auga e o fondo do cacharro este. Logo colocamos a comida. Podes salar e aromatizar, claro. Eu botei unhas areas de sal e unha ramiña de romero. 

Para cocer ó vapor hai que tapar a pota, claro! :)


Cando vexas que está ó teu gusto, sácao. É mellor non andar destapando, porque escapa o vapor, pero porque levantes unha vez non pasa nada. 

Eu tíveno cocendo uns 15 minutos ou así, non chegou a 20. Este é o aspecto que tiña. O que máis me gusta a min é que todo conserva un color moi natural, sobre todo o verde do brécol e o color das cenorias...

En calquera caso: o resultado final foi que o brécol e os espárragos estaban ben cocidos, o pescado máis ou menos tamén, pero as cenorias e as patacas estaban algo crúas.


Unha solución para quen considere esto un problema pode ser botar os ingredientes espaciados, empezando polos máis duros. Outra, picar en cachos máis pequenos os ingredientes máis duros (por exemplo, facer láminas de 1 cm para as patacas e as cenorias). A última opción, que é a miña, é que che guste a comida pouco feita, e que teñas fame bastante para non volver a poñer todo na pota.

Así que eu emplatei, saquei a foto que ven a continuación, e comín despois de aliñas cunha gota de aceite de oliva e un pouco de limón.


E polo mesmo prezo, outra suxerencia. Se che sobra (como me pasou a min) podes desmigar o pescado, trocear todo un pouco máis, engadir unhas aceitunas ou uns encurtidos, e xa tes unha ensalada. Alíñaa, e a comer. A comida é a mesma, pero variando a forma de presentala cambia o conto e parece que apetece máis.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...