Saltar ao contido principal

Merluza á plancha con cuscús de verduras


Un menú rápido, fresco e lixeiro. Vale, o de lixeiro depende do toro de merluza que uses. 
Púxenlle a etiqueta de "estranxeiro" e de "árabe" polo cuscús, o que é o plato en si é bastante nacional.

INGREDIENTES

  • Un toro de merluza
  • Cuscús precocido
  • Allo
  • Xenxibre (un cacho pequeno, na foto á esquerda da merluza)
  • Puerro
  • 1 champiñón (portobello no meu caso)
  • Medio pimento verde
  • Unha zenoria
  • Cilantro
  • Un par de cachos da parte verde dunha ceboleta
  • Sal e aceite
  • Tomate (opcional) para acompañar.

TEMPO

Unha media hora.

PROCESO 

Empezamos polo cuscús de verduras.

A min gústame ás veces facelo coas verduras picadas finas e todo crudo (entón boto un pouco de manteiga ó mezclar co cuscús) e ás veces pochando a verdura. Depende das verduras.

Desta volta, vai a medias. O da parte de arriba da foto seguinte, que é o verde da ceboleta, o cilantro e a metade da cenoria, deixeino crudo para mezcla.

O da parte de abaixo da foto, que é o allo, xenxibre, pimento, champiñón e media zenoria, pocheino nun cazo cun pouco de aceite de oliva, e un pouco de sal. 


Para o cuscús en sí, o precocido que se atopa nos supermercados é moi cómodo. Botas como un vaso de cuscús nunha ensaladera (non collas unha moi pequena, que aumenta o doble ou así).

 


Bótaslle un vaso ou así de auga quente. Mira no paquete as indicacións. O que comprei eu dicía de botar o 120% de auga, así que foi un vaso e un chisquiño máis. Tapa a ensaladera cun trapo para que repose. Eu antes facíao hermético con film transparente, pero desta fíxeno cun trapo limpo, e vale igual, así que xa non gasto máis film nesto. En 3 ou 4 minutos terá o aspecto das fotos seguintes.




Engádelle as verduras, tanto as pochadas como as crudas, e revolve.



Queda tal que así.


Se che vale con iso, xa podes comer. Eu metín tamén a merluza porque o cuscús só non mantén moito :)

Para a merluza: á plancha (bueno, como se ve na foto non foi exactamente á plancha porque algo de aceite levaba).

Unha vez frita, a comer. Como a min me parecía algo "demasiado seco", collín un tomate pera e aliñeino tipo ensalada, para completar.

Este foi o resultado final. Penso que o vou repetir, si...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...

Guiso de mellixóns con brócoli e patacas

Unha maneira distinta de comer mexillóns, que non sexa con patacas fritas como os belgas, pero tampouco ó vapor (que están moi bos, pero fai falta un quintal deles para cenar algo). Ademais, "os meus amigos do brócoli" igual entran ó trapo ... ou non.  En fin, aquí queda, manchei potas de máis, pero creo que valeu a pena. INGREDIENTES Para unhas 4-6 racións, depende dos comensais. O pemento e a salsa de tomate son opcionais, pero quedan moi ben (foron ideas a posteriori, así que non van na foto) 2 Kg de mexillóns Un brócoli de 1/2 Kg ou así (a ollo) Un par de patacas 2 dentes de allo media cebola Pemento verde ou colorado 3 ou 4 cucharadas de salsa de tomate.     TEMPO  Uns 45 minutos aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar e picar as patacas, e picar o brócoli. Por certo, que o toco pelado tamén sirve, e ten un sabor máis suave que os "arbolitos". Cocémolos (en auga ou ó vapor, como se queira) pero de forma que quede...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...