Saltar ao contido principal

Lentellas fáciles


Cando ía empezar a carreira sabía menos de cociñar que os nosos políticos de ética... así que miña irmá deume unhas leccións rápidas. Como as lentellas sempre me gustaron moito, pois deume un método que se resume en "coce todo xunto, fai un rustrido, e a comer". E salen macanudas.

INGREDIENTES

Aquí hai variacións. Estes ingredientes foi os que usei o outro día, pero podes probar con variación de carnes e/ou verduras.
  • 1 Kg de lentellas (ou lentejas, joder que mal sona o da elle)
  • 1/2 cebola
  • 1 cenoria
  • un pouco de calabaza
  • 1 pataca
  • 1 chourizo e medio
  • Un pouco de lacón curado
  • 3 follas de loureiro
  • 2 dentes de allo
  • 1 cullerada de pimentón dulce
  • Sal, auga, aceite, vinagre opcional.

TEMPO

Unha hora

PROCESO

Con estes ingredientes sae unha pota para 10 máis ou menos. Reduce se non sodes tantos ou non queres comer lentellas toda a semana ;)

Empezamos por picar toda a carne e a verdura. Bueno, o loureiro non o piques. E as lentellas tampouco, jeje. Os allos resérvaos para máis adiante. E a pataca podes "cascala" (empeza a cortar e logo separa o cacho, que faga "crack", así por onde rompe solta máis fécula e engorda o prebe).

Mira que foto máis organizada me quedou.


Botamos todo o picado nunha pota, engadimos as lentellas e auga. Según miña sobriña, o triple de auga que de lentellas 5 tazas de auga por cada unha de lentellas (corrixiume, entendéraa mal :)). Eu normalmente boto algo máis (gústanme líquidas), aquí botei 1 Kg de lentellas e casi 4 litros de auga (esto acércase máis á proporción corrixida...) .

Pono ó lume e tapa (ou semitapa). Debe cocer a lume lento, durante aproximadamente 45 minutos. Que faga "chup, chup" está ben, que ferva a borbotóns está mal, non espesa nin colle tan bo gusto.

Proba de sal, e engade se fai falta. Como levan chourizo e lacón igual fai falta pouco, pero como tamén levan calabaza que endulza algo os guisos, pois igual si que fai falta... o dito, hai que probar.

Colle os allos que tiñas reservados para facer o rustrido. Lamínaos, e ponos a dourar nunha tixela. Cando estean dourados ponlles o pimentón, e revolve. Todo dios di que hai que sacar o pimentón do lume que senón quéimase, e non sei que máis, pero a min gústame que colla un color marronuzco, así que non o saco. E cando está (como lle vin hai anos facer a unha amiga) bótolle un chorro de vinagre. Chisperrea que non che digo :)


Bota o rustrido na pota. Deixa que coza 5 minutos máis, revolvendo de vez en cando. Bueno, realmente eu o rustrido boteillo cando levaba media hora cocendo e despois tíveno 15 minutos máis.


E xa está. Sirve, e come. Se o fas de hoxe para mañá estarán incluso mellor, pero ten coidado cando as quentes. É extremadamente fácil que se queimen. Quenta revolvendo bastante a miúdo.

E esta foi a cazoliña que botei para min. 




Comentarios

  1. ñan ñan ñann..riquisimas,eu poñolles puerro tamen, as lete"llas" é un dos meus pratos favoritos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...