Saltar ao contido principal

Pito asado

Iba poñer "estilo miña mai", pero anque empezo facendo coma ela, ó final boto un montón de trangalladas máis. Do de miña mai queda o de "fritir na tixela, botar despois na pota cunha cebola, auga e viño". O resto dos ingredientes... mea culpa.

INGREDIENTES

(comemos 7 e sobrou material)
  • Medio pito (era grande)
  • 2 cebolas
  • 2 dentes de allo
  • 1 folla de loureiro
  • Pemento verde/colorado
  • Viño branco
  • Aceite, auga, sal
  • Opcional:  salsa Worcestershire (Lea Perrins)
  • Opcional: patacas, se as queres de guarnición
Para adubar o pito usei:
  • 2 dentes de allo
  • Perexil 
  • Estragón
  • Brandy
  • Media guindilla verde
  • Salsa de soja
  • Vinagre de arroz,
  • Aceite
  • Sal
  • Pimentón dulce
  • Brandy



TEMPO

1 hora aprox.

PROCESO


A noite anterior adubei o pito.

Empecei por trocealo e regalo cun bo chorro de brandy, e revolvino ben.
Como estes Reis me regalaron un accesorio picador para a batidora, pois en vez de usar un morteiro, usei unha picadora. 

Puxen un par de dentes de allo pelados na picadora, e triturei. Puxen encima unha presada de perexil fresco, e triturei de novo. Engadín media guindilla verde "made in" almería (son duns 10 cm de largo, e aínda pican; é opcional). Botei un pouco de estragón seco que tiña nun bote, sal, aceite e un par de cucharadas de café de pimentón dulce. Volvín a triturar. Para acabar, un chorriño de brandy, un chorriño de vinagre de arroz e unhas gotas de salsa de soja. Volvín a darlle ó botón para mezclar todo.

Finalmente quedou como na foto que aparece máis arriba, na tina amarela. A próxima vez que adube probablemente non leve o mesmo, porque eu son así e gústame improvisar, pero porque falten "cousiñas" que non sexa!

Quedou así repousando toda a noite.

O día de facer o asado, vai en 2 partes: por un lado fritir o pito, por outro pochar as cebolas e pimentos, e logo mezclar todo. Podes facelo en paralelo ou por partes, ti verás: )

O pito fritino nunha tixela. Máis ben doureino nada máis, anque para min xa case valía. A medida que estaba dourado, fun reservándoo nunha fonte.


Por outro lado, na pota onde vai quedar o asado, primeiro laminei e dourei uns allos, e logo botei a cebola e un pouco de sal para que "sude". Logo botei os pimentos. Neste caso collín unhas tiras que tiña meu cuñado conxeladas :) (moi boa forma de aproveitar cando tes demasiados pimentos na cortiña ou chos dan os veciños, jeje). 

Se fosen frescos probablemente botaría a cebola e o pimento xuntos, pero como ó conxelar parece que collen algo de auga, pois neste caso deixei a cebola sola un cacho.



Cando estaba máis ou menos pochado todo, apaguei o lume, tapei a pota, e acabei de dourar o pito. Logo, botei todo xunto na pota. Boteille (colando) algo do aceite de fritir o pito tamén, e un bo vaso de viño branco.

Desde que levantou a fervedura (evapora alcol) botei un vaso de auga, e un chorro de salsa worcestershire (marca Lea&Perrins). Parece mentira o gusto que lle dan unhas simples gotas! É algo careira, pero recoméndoche probala.


Só falta deixar cocer, a lume medio, ata que estea. Canto tempo? Depende do gusto de cada un, pero con media hora ou 40 minutos debería ser bastante para que lle guste a miña mai (e gústalle que estea blando!). 

Así quedou na pota cando xa estaba rematado.
 E así quedou no plato. As patacas, en dadiños e fritas, estaban boas tamén.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...

Guiso de mellixóns con brócoli e patacas

Unha maneira distinta de comer mexillóns, que non sexa con patacas fritas como os belgas, pero tampouco ó vapor (que están moi bos, pero fai falta un quintal deles para cenar algo). Ademais, "os meus amigos do brócoli" igual entran ó trapo ... ou non.  En fin, aquí queda, manchei potas de máis, pero creo que valeu a pena. INGREDIENTES Para unhas 4-6 racións, depende dos comensais. O pemento e a salsa de tomate son opcionais, pero quedan moi ben (foron ideas a posteriori, así que non van na foto) 2 Kg de mexillóns Un brócoli de 1/2 Kg ou así (a ollo) Un par de patacas 2 dentes de allo media cebola Pemento verde ou colorado 3 ou 4 cucharadas de salsa de tomate.     TEMPO  Uns 45 minutos aproximadamente. PROCESO Empezamos por pelar e picar as patacas, e picar o brócoli. Por certo, que o toco pelado tamén sirve, e ten un sabor máis suave que os "arbolitos". Cocémolos (en auga ou ó vapor, como se queira) pero de forma que quede...

Falafel

O faláfel (ou falafel, non o teño claro) é unha receta de oriente próximo ou oriente medio. Polo Líbano, por exemplo, ten bastante fama. INGREDIENTES Garavanzos (uns 350 g na foto) Perexil Cilantro Eneldo Allo (2 dentes aprox) Media ceboleta grande Especias (unha cullerada de café ou así de cada: Sal, pemento doce, pementa negra, cominos. Supostamente tamén levaría un par de clavos pero non os atopei na casa. Fariña (eu usei fariña de garavanzo, e esquecin poñela na foto)  TEMPO  Ademáis do tempo de ter os garavanzos en remollo (unhas 12 horas), o tempo de facelo será media hora, máis fritir. PROCESO O dia anterior hai que poñer os garavanzos a remollo. Logo úsanse crudos.   Poñemos o verde (a parte máis gorda tos tocos do perexil e cilantro non a usei) xunto co allo e a cebola cortada en cachos na picadora, e picámolos. Fago isto antes de poñer os garavanzos porque noutra proba con todo xunto non picaba ben. Despois poñemos os garavanzos, e picamos. Quizás eran demasia...