Saltar ao contido principal

Burritos de bonito e champiñóns

 
Esta receta, aparte de que estaba ben boa, foi de disculpa para facer as tortillas mexicanas (as compradas están boas, pero por trastear con fariña...) e para trabarlle a algún chile picante.

O que se lle meta dentro... da un pouco igual. Neste caso tiña bonito á plancha que me sobrara, e champis, e así foi a cousa.

INGREDIENTES


Para as tortillas:
  • Fariña
  • Sal
  • Auga
Para o recheo
  • Bonito (xa estaba á plancha)
  • Champiñóns
  • Leituga (esquecín metela na foto)
  • Chiles (neste caso eran serranos)
  • Guacamole (xa sei que non é un "ingrediente", pero a receta téñoa aquí.

TEMPO

Case unha hora

PROCESO

Podemos empezar polo recheo porque é moi interesante que as tortillas estean quentes cando se coman, así que as fixen de último.

Os ingredientes poden variar, pero en México suelen usar moito o guacamole e os chiles, así que os incluín. Podemos empezar por facer o guacamole para que repouse e enfríe algo (a min gústame metelo algo na nevera)


Desmenuzamos o bonito e limpamos e picamos os champiñóns.

Poñemos cun chorriño de aceite os champiñóns a lume algo vivo. Podes botarlle unha pizca de sal.


Cando estean case feitos, engadimos o bonito desemenuzado. Dous ou tres minutos máis para que se mezclen os sabores, e reservamos.



Para facer as tortillas: poñemos fariña (uns 250 gramos calculo eu, non pesei) e unha pizca de sal. Non se usa levadura.

Engadimos auga (algo así como 250cc ou menos), podes ir botando pouco a pouco e ir revolvendo coa cuchara.

Cando xa teña unha consistencia de masa, extende un pouco de fariña na mesa e volca a masa, e amasa uns minutos máis. Fai unha bola e deixa que repouse uns 10 minutos.


Para facer as tortillas, separa a masa en bolas do tamaño dunha pelota de golf ou así. Xa, eu tampouco xogo ó golf, pero anda unha bola arrolando polo piso de vez en cando ;) 

Na seguinte foto puxen un vaso ó lado para dar unha idea do tamaño.



Collemos unha bola, aplastámola, e espolvoreamos fariña por ambos lados. Co rodillo imos estirando ata que quede unha masa moi fina (de 1 mm ou así). Non todas as tortillas me quedaron medio redondas, pero escollín esa para a foto. Fixádevos que hai unha bola ó lado, para ter unha idea do que hai que estiralas.

Poñemos unha tixela ó lume sen nada. Nada de aceite, nin auga, a tixela baleira. Cando quenza, botamos a tortilla (podes facer varias ou todas se tes espacio antes de empezar a cocelas).



Tardan moi pouco en facerse, un par de minutos ou menos por cada lado. Para saber cando están, verás que inflan algo, e collen color tostado/queimado en algún punto.

Dámoslle a volta, outro minuto ou así, e sacámolas para un plato. En México suelen tapalas cun trapo para mantelas quentes. Eu tamén o fixen. Así quedaba no plato.



E xa podemos empezar a montar. Como eu ía usar chiles, abrín a lata (collín chiles serranos La Costeña, que me recomendara no seu momento un amigo mexicano). Saqueinos da lata e (como recomendan) boteinos noutro bote.

Saquei tres chiles, abrinos e saquei os nervios e pibidas. É o que máis pica! Anque o resto tamén lle chega. Os jalapeños son algo máis suaves, pero xa é cuestión de gustos. Logo fixen tiras delgadiñas.



Os burritos é mellor facelos e ir coméndoos (deixando debaixo do trapo as demais tortillas para que non perdan tanta calor).


Botei un pouco de bonito con champiñóns...


... un pouco de leituga ...


... un pouco de guacamole e unhas tiras de chiles ...
... e envolvín o burrito. Para comelo eu normalmente plego a base do "tubo" que fai hacia arriba, se non cáenme cousas por aí e póñome perdido.

E esta é a "foto finish". Se en vez de auga tivese unha Tecate, unha Negra Modelo, ou algo así... unha maravilla (a Sol e a Coronita non as usaría nin para regar marcuriaos).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sopa de pescado e marisco

  Sopa de pescado e marisco. Todas as noiteboas fago unha parecida. Poden variar os ingredientes, porque esto consiste basicamente en ir cocendo cousas e metelas xuntas nunha pota, aproveitando a auga de cocelas, claro. Se en vez de usar cousas conxeladas ou de lata se usan as frescas, sabe mellor, claro ;) Esta é a lista dos ingredientes que usei este ano. Para o ano que ven, ou para ano vello se a fago, quen sabe... INGREDIENTES 1/2 Kg de berberechos 1/2 Kg de gambas peladas 8 barriñas de surimi ("palitos de cangrexo") 1/4 Kg de chipiróns 4 Cabezas de pescado (merluzas) 1 Kg de ósos de rape 1 "tronkito" de merluza 1/4 Kg de carne de mellixóns 1/4 Kg de carne de zamburiñas 1 sobre de crema de lubrigante (non atopei a de langosta) Un bote de salsa de tomate (400 g aprox.) 1 pocillo de tapioca Azafrán TEMPO Hora e media, máis ou menos PROCESO Se usas berberechos -chícaros, que se di na miña casa- con casca (recomendable porque...

Tortilla de repolo

Isto empezou coa idea de facer okonomiyaki , que en xaponés é algo así como  "o que che guste, á plancha" e resulta na maioría dos casos un reboutallo de repolo con outras verduras, katsuobushi (lascas de bonito desecado), panceta e que sei eu. E todo recuberto con DEMASIADA salsa okonomiyaki e mahonesa. Como me pareceu demasiada salsa e demasiado tinglado, reduzo: tortilla de repolo, con algunha verdura máis, e algo de fariña. Todo crudo ata que se faga a tortilla, aínda que hai quen escoce, ou deixa en auga quente, ou mete no microondas, o repolo. Eu non o fixen, gústame a textura "al dente" que queda. INGREDIENTES Un cuarto de repolo Unha cenoria Media ceboleta 3 culleradas sopeiras de fariña 4 ovos  Sal e pementa, que non están na foto. (Non usei todo o que sae na foto) TEMPO Media hora aproximadamente PROCESO Picamos o repolo (eu usei pouco máis da metade do que sae na foto) en xuliana moi fina. Tamén a ceboleta, e a cenoria. Para esta, eu usei un pelador e fun...

Queixo crema para untar

 Isto, máis que unha receta, é crear un ingrediente, pero como tamén vale para untar e comer só, pois aí vai.  INGREDIENTES 1 litro de leite enteiro. Non iba poñer publicidade, pero é leite galego, así que ó carallo. 1 limón (o seu zume) sal TEMPO Unha media hora. Logo ten que repousar varias horas na nevera. PROCESO Poñemos o leite nunha pota ó lume. Cando estea cerca de ferver, engadimos o zume do limón e deixamos a lume medio.  Podemos revolver e ver como vai callando. Despois de 5 minutos apagamos. Deixamos repousar media hora ou así.  Este era o aspecto que tiña cando apaguei o lume. Logo colamos poñendo un trapo. En teoría sería un colador e unha estameña, pero non tiña, así que usei un cesto da freidora e un trapo que humedecín. Apretamos o trapo para escurrir o soro. Quedou así. Este foi o resultado, para que se vexa canto soro hai e que pouca cantidade de queixo. Botamos no vaso da batidora, engadimos sal ó gusto, e empezamos a batir. Para que quede máis cre...