Empecei hai tempo esta receta con "O baba ganoush é aparentemente similar ó hummus...". Pois vale, non era. Esto é unha receta de Mutabal. O baba ganoush non leva tahini. Así que o mutabal é similar ó hummus (a miña receta aquí ), pero cambiando o ingrediente básico do hummus (garavanzos) por berenxenas. O máis orixinal non usa forno, queiman a berenxena directamente encima do lume (en cociña de gas, por exemplo). Disque lle da un toque afumado ou queimado que é interesante. Eu non teño cociña de gas, así que foi ó forno. INGREDIENTES 2 Berenxenas 2-3 chulleradas sopeiras de Tahine (non está na foto dos ingredientes, pero é fundamental) Varios dentes de allo (según gustos) Limón (para relar pel e algo de zume) 1 cullerada de postre de sal 1/2 cullerada de postre de comino Aceite de oliva (1-2 culleradas) TEMPO Unha hora ou así para facelo, logo recomendan meter na neveira un par de horas máis. PROCESO Empeza por encender o forno para telo prequentado a 200 grados. C...